A Xunta seguirá coa vía xudicial contra o Goberno central "mentres persista a crise do IVE"

O conselleiro de Facenda mantén a esixencia de que se entreguen os 200 millóns pendentes da recadación de decembro de 2017.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2020 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martinez, asegurou que a Xunta seguirá coa vía xudicial contra o Goberno "mentres persista a crise do IVE" e o Executivo estatal non abone a Galicia os 200 millóns pendentes da recadación de decembro de 2017.

Núñez Feijóo e Valeriano Martínez
Núñez Feijóo e Valeriano Martínez | Fonte: Xunta.

"Mentres persista a crise do IVE común a todas as comunidades autónomas e, ata certo punto ás corporacións locais, nós imos seguir tendo activada a vía xudicial, porque é algo que nos corresponde a todas as galegas e galegos", manifestou o conselleiro nunha entrevista concedida á TVG.

O titular de Facenda considerou que se trata dunha "cortina de fume que está a tapar outro tipo de situacións", "como poden ser a falta de pagamentos que neste momento segue mantendo o Goberno central respecto das comunidades autónomas" e que, no caso de Galicia, ascenden a "algo máis de 370 millóns". Ademais, definiu todas estas medidas como unha técnica para "enmarañar o partido".

Valeriano Martínez sinalou que "as débedas hai que devolvelas" e sostivo que estes fondos son os que permiten "pagar dunha maneira correcta" a sanidade galega, a educación e os servizos sociais. "A iso queremos dedicarnos con alegría e ilusión, como fixemos nestes últimos 11 anos e como esperamos facelo nos próximos", indicou.

Por último, sobre a rebaixa das previsións de crecemento para España, o conselleiro de Facenda advertiu dunha "desaceleración importante" pero asegurou que se "está en positivo". "Non nos durmamos, pero tampouco nos obsesionemos", finalizou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Barlovento

Sempre che quedará o diñeiro da embaxada de Venezuela. Non sí, Peares ??