Abascal advirte a Feijóo: "Se non quere pactar con Vox igual se ten que retirar"

Asegura que só pactará co PPdeG se entran no goberno co obxectivo, entre outros, de protexer o uso do español.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 25/02/2020 | Actualizada ás 12:18

Comparte esta noticia

O presidente de Vox, Santiago Abascal, mostrouse este martes disposto a chegar a acordo co PP en Galicia se os seus votos son necesarios para formar Goberno tras as eleccións do 5 de abril. E se o presidente da Xunta e candidato dos 'populares', Alberto Núñez Feijóo, mantén a súa negativa a falar con Vox, Abascal suxeriu que "igual" a solución é que se retire e deixe paso a outro compañeiro.

Nunha entrevista en EsRadio, recollida por Europa Press, o líder de Vox reiterou a autonomía do seu partido nas eleccións vascas e galegas do próximo 5 de abril e insistiu en que o seu partido é necesario porque defende postulados aos que "renunciou" o Partido Popular.

Ademais, lembrou que o PP "excluíu a Vox" dos pactos no Congreso ou os gobernos de Andalucía, Madrid e Murcia, onde optou por Cidadáns. "A nós non nos chamou ninguén", resumiu apuntando que só queren "os votos e as cotas" dos militantes de Vox "pero sen Vox nin os seus dirixentes". "Queren ter unha marca suaviña que lles permita dicir aos votantes de Vox que poden votarlles a eles", acusou.

En calquera caso, aceptou que poderían chegar a acordos en Galicia se os escanos que consiga Vox son necesarios para formar Goberno e sinalou algunhas das condicións que o seu partido poría sobre a mesa, como cuestións en materia lingüística para protexer o uso do español. Segundo insistiu, nesas negociacións "sempre ten que haber condicións", aínda que Vox non acudiría ás reunións con "liñas vermellas" porque é consciente da súa realidade.

Neste sentido, sobre a reiterada negativa de Feijóo a negociar co seu partido, Abascal recoñeceu que "o máis probable" é que o candidato 'popular' tente chegar a acordos "con outros". "Igual vale con que o candidato se retire e e sexa outro", suxeriu como forma de facilitar os pactos.

Vox fará públicas esta semana as súas candidaturas nas tres provincias vascas e as catro galegas, aínda que non oficializará un 'número un' á Xunta e a Lehenkaritza en liña co seu modelo de partido sen baronías rexionais e sustentado nas provincias como o chanzo inmediatamente inferior á dirección estatal.

O presidente de Vox, Santiago Abascal,na tribuna do Congreso. Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo
O presidente de Vox, Santiago Abascal,na tribuna do Congreso. Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

3 Ana

A ultradereita sen odio, medo e propaganda deixa de existir pq non teñen proxecto. O nacionalismo galego si ten proxecto e si inclue a todos (tamen aos inmigrantes e aos que non falan o galego pero que respetan a nosa lingua). Respostade con indiferencia a Vox pq donde pos a tua atencion e enerxia daslle forza a esa idea.

2 Ana

Todos os que voten ao PP pensando que estan a votar un partido de centro-dereita e "galeguista" ao final poden atoparse con un partido que pacta coa ultradereita mais centralista, machista, taurina e que SI quere impor unha lingua (a lingua de Castela). Canto mais centralismo peor nos foi sempre aos galegos (so hai que lembrar a pobreza e emigracion que sufriu Galicia durante o franquismo). ¿Alguen se imaxina un goberno PP- Vox pedindo unha tarifa electrica galega (para salvar postos de traballo) ou a transfereza da AP-9 a Galicia?. Pois a receta a todo isto e votar masivamente ao BNG para que teñamos a primeira presidente galega e sen ataduras con Madrid.

1 PPodredume!!!!

si o Pepeiro pacta con VO卐 será outra vez o inicio do 18 de xullo na Galiza!!!! ... eu non fiaría nada, nadiña do que diga o presidente frijoles, esta claro que vai pactar co seu curman de VO卐