Temas: AUTóNOMOS

Galicia perde 1.334 autónomos nun comezo de ano "dramático"

Os sectores máis afectados son os do comercio e a hostalaría.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/02/2020 | Actualizada ás 20:11

Comparte esta noticia

Galicia perdeu 1.334 autónomos no primeiro mes deste ano, nun comezo de 2020 que a Federación de Autónomos de Galicia cualifica de "dramático".

Avisa de que os sectores máis afectados son os do comercio e a hostalaría. Mentres en España a perda de emprego afecta a case 18.000 autónomos neste comezo de 2020.

Así, xaneiro finaliza con 207.471 autónomos en Galicia, a cifra máis baixa da serie histórica. Por provincias, A Coruña segue á cabeza (con 84.343); seguida de Pontevedra (66.369); Lugo (33.412) e Ourense (23.347).

Segundo sostén, a desaceleración do consumo "é a clave para estes datos tan negativos". "Estamos a asistir á desaparición do sector comercial, sen que nada pareza facer reaccionar aos responsables políticos e deixando secuelas irreversibles, fundamentalmente nas zonas menos poboadas", sinala.

Considera que "é urxente" reformar a lexislación do comercio interior que "tanto dano está a facer ao pequeno comercio". Ademais, carga contra a subida da carga fiscal a traballadores autónomos.

Temas: AUTóNOMOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta