Un avión que voaba a Filadelfia realiza unha aterraxe de emerxencia en Santiago por un fallo eléctrico

O voo procedía de Madrid,

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/02/2020 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

Un avión de American Airlines que se dirixía a Estados Unidos viuse obrigado a realizar unha aterraxe de emerxencia no Aeroporto de Lavacolla debido a un fallo eléctrico.

En concreto, tratábase do voo AA741 procedente de Madrid e que se dirixía en dirección a Filadelfia. Tras notificar un posible problema eléctrico, o avión desviouse a Santiago de Compostela.

A pesar dos problemas rexistrados, o voo puido aterrar en Lavacolla sen incidencias, pasadas as 15,00 horas.

Nova Terminal De Lavacolla (Santiago de Compostela). EUROPA PRESS - Arquivo
Nova Terminal De Lavacolla (Santiago de Compostela). EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta