Ferrol pecha ao baño o regato do Pareixal por alta presenza de E.coli

Unha analítica de Emafesa detecta niveis elevados da bacteria e obriga a balizar a zona afectada.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 16/07/2025 | Actualizada ás 18:10

Comparte esta noticia

O Concello de Ferrol pechou ao baño o regato da praia de O Pareixal tras detectar nunha analítica de control de auga realizada pola Empresa Mixta de Augas de Ferrol (Emafesa) unha concentración alta de bacteria E.coli. A zona na que está prohibido o baño está balizada e sinalizada con carteis informativos.

Nunha segunda mostra tomada augas abaixo, preto da praia, informa o Concello, a presenza da bacteria experimenta unha redución moi significativa en relación coa mostra extraída no río. A Consellería de Sanidade realizou o 19 de maio, o 8 e o 22 de xuño e o 2 de xullo controles rutineiros de auga na zona, que arroxaron niveis aptos. Mañá coñeceranse os valores da última analítica. Debido a esta situación, a bandeira azul non está izada na Fragata-O Pareixal ata que os resultados Sexan os correctos.

Arquivo - Porto interior de Ferrol. REMITIDA PORTOS DO ESTADO - Arquivo
Arquivo - Porto interior de Ferrol. REMITIDA PORTOS DO ESTADO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta