Por ADEGA (http://www.adega.info) | GC ABERTO | 17/10/2012
O programa de Compostaxe Caseira comezou en Santiago vai para 10 anos e dende aquela e por un acordo plenario, aos 506 fogares que teñen instalado un composteiro (e portanto reciclan o 50% dos residuos que producen) se lles estaba aplicando unha bonificación do 50% no seu recibo do lixo. Alén dos beneficios da compostaxe para o medio ambiente, ao reintegrar á terra en forma de compost os residuos orgánicos que doutro xeito acabarían queimados ou soterrados en SOGAMA, os/as participantes neste programa ven aliviados os seus gastos correntes e ademais aforran ao concello de Compostela 36.179€ ao ano.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.