A Deputación de Pontevedra e Real Academia Galega de Ciencias organizan o ciclo de conferencias 'Aida Fernández Ríos'

As conferencias están destinadas a toda a cidadanía e teñen como propósito achegar asuntos de importancia e de actualidade ligados á ciencia.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 05/03/2020 | Actualizada ás 12:26

Comparte esta noticia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e a vicepresidenta da Real Academia Galega de Ciencias, Alicia Estévez, presentaron este xoves a primeira edición do ciclo de conferencias dedicado á bióloga galega Aida Fernández Río.

Esta actividade está enmarcada no convenio asinado este xoves por ambas as institucións. "Sei que esta foto non é habitual, tres mulleres sentadas falando de ciencia, xa que as mulleres adoitamos estar infrarrepresentadas", significou Carmela Silva. As conferencias están destinadas a toda a cidadanía e teñen como propósito achegar asuntos de importancia e de actualidade ligados á ciencia.

O ciclo 'Aida Fernández Ríos' está composto de 15 charlas, entre marzo e decembro no Pazo provincial e na sede da Deputación en Vigo. Haberá actividades de divulgación científica sobre asuntos como o cancro, a intelixencia artificial, a acuicultura ou a nanomedicina.

Ademá, a Deputación de Pontevedra e a Academia Galega dás Ciencias promoverán unha serie de charlas en colexios da provincia coa intención de estimular a vocación científica entre a mocidade, "e demostrarlles que poden ser o que queiran sen estereotipos de xénero", apuntou Alicia Estévez.

Neste sentido, Carmela Silva destacou que por parte do goberno provincial queren "aplaudir o obxectivo da Academia de incorporar máis mulleres entre os seus integrantes". Carmela Silva agradeceu á Academia Galega dás Ciencias "a súa sensibilidade para visibilizar ás mulleres, referentes como María José Alonso, Alicia Estévez Toranzo, Maribel Soengas, Miriam Pena...", dixo a presidenta provincial.

"Cando as mulleres non estamos representadas, pérdese o noso talento", sinalou. "Somos máis matriculadas na universidade e temos mellores notas", apostilou. Tamén indicou que en Europa o 41% dos postos científicos e de enxeñaría son ocupados por mulleres, "e só en cinco países son maioría".

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta