O delegado do Goberno reivindica o "robusto" sistema de saúde e apela da tranquilidade ante o coronavirus

"O Ministerio de Sanidade en total colaboración coas comunidades autónomas, co Sistema Nacional de Saúde que temos, está controlado e tomando as decisións oportunas", sinalou Javier Losada.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/03/2020 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, reivindicou este xoves o "robusto" Sistema Nacional de Saúde para combater o coronavirus e expresou a "confianza en todos os técnicos e persoal sanitario, e do persoal de investigacións científicas que traballan co Ministerio e coas consellerías de cada comunidade".

"O Ministerio de Sanidade en total colaboración coas comunidades autónomas, co Sistema Nacional de Saúde que temos, está controlado e tomando as decisións oportunas", sinalou. "No caso de Galicia a Consellería de Sanidade, falei co conselleiro, está a tomar unhas decisións de control, prevención e información e creo que se está facendo dunha forma moi correcta, están a tomarse todas as medidas que establecen a nivel científico os técnicos, e hai que transmitir a total confianza no Sistema Nacional de Saúde, en todos os técnicos e o persoal sanitario", subliñou.

Ademais, o delegado aproveitou para pedirlle "á cidadanía que siga as normas, que siga os procedementos e que estean coa tranquilidade de que o Sistema Nacional de Saúde é robusto, coñece perfectamente o que se ten que levar a cabo e estao facendo con total e absoluta normalidade ante un proceso nun país moderno como é España onde se coordina e trabállase en colaboración para a protección da saúde pública". "Hai que trasladar tranquilidade dentro do que é un problema sanitario ao que se está atendendo", sentenciou o delegado do Goberno en Galicia.

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, en Lugo.
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, en Lugo. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta