O medo ao coronavirus chega á política: Ciudadanos apraza indefinidamente a súa Asemblea Xeral

Decídeo ante a "excepcionalidade da situación" xerada.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 09/03/2020 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

A Xestora de Ciudadanos decidiu aprazar a Asemblea Xeral do partido, prevista inicialmente para a próxima fin de semana en Madrid, ante a "excepcionalidade da situación" xerada polo novo coronavirus, segundo informou o partido.

Inés Arrimadas, durante a súa intervención no acto de presentación de Beatriz Pino como candidata de Cs á Presidencia da Xunta de Galicia, en Ourense
Inés Arrimadas, durante a súa intervención no acto de presentación de Beatriz Pino como candidata de Cs á Presidencia da Xunta de Galicia, en Ourense | Fonte: Europa Press.

O congreso da formación laranxa quedará posposto "ata que as circunstancias o aconsellen por razóns de precaución, responsabilidade e prudencia sanitaria", explicou a Xestora.

Esta e outras decisións tomáronse atendendo a proposta elevada polo comité de crise creado por Cs tras o aumento dos contaxios nas últimas horas en España, e "coa vontade de velar pola protección, a saúde e a seguridade dos traballadores, afiliados e do conxunto de profesionais da información que seguen a actividade política do partido".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta