A Xunta recoñece que o pico de coronavirus vai seguir subindo pola xente que veu de fóra

Atribúe este feito aos movementos de xente nos últimos días procedentes doutras autonomías, especialmente, Madrid. Con todo, Feijóo dixo que eles non son "responsables" por moverse.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/03/2020 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

Galicia aínda non chegou ao seu peor momento polo contaxio do coronavirus. "Estamos na metade de incidencia de España pero non significa que non teñamos incremento de contaxios", dixo este domingo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Virus gripe. CSIC - Arquivo
Virus gripe. CSIC - Arquivo

Así, confirmou o gran incremento de casos que se deron desde o pasado venres. "O pico de contaxio vai seguir subindo porque o número de persoas que se moveu nos últimos días pois agora é máis vulnerables, aínda que agardo que a confinación nas casas reduza iso dos que viñeron e dos que están aquí", dixo en alusión á xente procedente doutras autonomías, principalmente Madrid.

Con todo, Feijóo evitou responsabilizalos a eles desta situación porque dixo que non eran conscientes. En relación a este pico, tamén destacou que o Sergas ten a disposición créditos para contratación de persoal e calquera servizo sanitario que precise pode contratar persoal. Por iso, non agardar que remate o persoal residente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

6 RosalíadeNeda

Non, se che parece a responsable de que aumenten os casos son eu que estou encerrada na casa, ou son os autónomos que tiveron que pechar os seus negocios... Os madrileños foros uns irresponsables e a culpa é de quen decidiu non pechar a cidade, porque estou segura de que se en lugar de Madrid o foco fóra calquer outro lugar estaría situado, pero claro, ós señoritos ombrigo do mundo hai que deixalos espalear o virus por ahí adiante...

5 Xian do Sil

Lo que es un escándalo es que los burócratas de la Xunta y administración del estado estén en casa rascándola y cobrando mientras que los demás no podemos trabajar por culpa de su falta. ¿No saben lo que es trabajar a través del ordenador y teléfono?

4 Gamela

Fala cucurucho... por moito persoal que contraten como non teñamos PCRs para controlar os FOCOS seguiremos a perder o tempo e a espallar o VIRUS ! El cambio de protocolo, por el que ya no se hacen pruebas a todos los casos sospechosos, sólo a los graves, ha añadido cierta dificultad al reclutamiento de voluntarios. Ahora se ofrecerá a quienes les hagan la prueba en un hospital pero les manden a casa por su levedad. Se repartirán entre casos positivos del área de influencia de Can Ruti, de Barcelona y en Igualada, donde se concentra un elevado número de positivos (ayer sumaban 70, 41 de ellos sanitarios, y varios cientos de contactos). // https://www.lavanguardia.com/vida/2... Seguimos matando pulgas a cañonazos... pero disparamos con Pólvora do Rei !!!

3 aldabanea

Que desvergonza!! Persoas insolidarias, irresponsables, con comportamentos incívicos... "pero eles non son os responsables". Non, que va!!! Pobriños, obrigáronnos a vir a rastras!!!... Aínda lles han dar a Medalla de Ouro de Galicia, como a Álvarez Cascos!!

2 mirko

e pensar que hai unha semana isto arreglabase con 20 garda civis.