Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 16/03/2020 | Actualizada ás 13:38
A CIG presentou este luns unha denuncia contra a empresa concesionaria do servizo de axuda a domicilio de Ourense alegando que non está a proporcionar ás súas traballadoras as medidas necesarias de protección contra o coronavirus.
Segundo consta na denuncia, a empresa "non está a facilitar equipos de protección ás súas traballadoras", como "traxes dun só uso con gorro e calzas", se non "unicamente luvas". Ademais, "deben acudir coa mesma bata do seu uniforme a cada un dos domicilios para atender as persoas usuarias".
Esta situación, denuncia a CIG, é "extremadamente grave", en canto están en contacto físico con persoas de idade moi avanzada e con risco elevado de contaxio.
Por iso, o sindicato reclama que coa "máxima urxencia e de maneira inmediata" se interrompa "a actividade de axuda a domicilio no Concello de Ourense", mentres "non se lle proporcione aos traballadoras equipos de protección adecuados".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.