Xa hai policías en corentena

A Xunta confirma que hai axentes illados. O Sindicato Unificado de Policía pide que sexa considerado colectivo de risco á hora de facerse os test.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2020 | Actualizada ás 12:10

Comparte esta noticia

“O delegado do goberno xa me dixo que hai axentes en corentena”, dicía este martes Alberto Núñez Feijóo, ao referirse a evolución do coronavirus en Galicia. E horas despois o Sindicato Unificado de Policía (SUP) pedíalle á Consellería de Sanidade incluír ao persoal de Policía Nacional destinado en Galicia como colectivo de alto risco fronte ao contaxio do coronavirus e, en consecuencia, que os axentes poidan acceder ás probas para detectar casos positivos.

Dous axentes da Policía Nacional.. Eduardo Parra - Europa Press
Dous axentes da Policía Nacional.. Eduardo Parra - Europa Press

De feito, Feijóo aludía xa a esta petición e suliñaba que as forzas de seguridade do Estado e tamén o Exército deben de entrar no colectivo de risco. De feito, outras comunidades xa adoptaron a consideración de persoal de alto risco para este colecitov , o que permite o acceso á proba de maneira prioritaria e gratuíta.

Así mesmo, no seu escrito, a SUP demanda unha canle de comunicación "áxil e específico" para poder solicitar esta análise médica que determine se deben permanecer en corentena ou, pola contra, poden continuar prestando servizo sen risco de propagación do virus.

"Con análises dispoñibles poderiamos evitar perder unha capacidade operativa que debemos preservar para as próximas semanas, sendo o noso un servizo esencial para a seguridade pública", argumenta o texto remitido polo SUP á Consellería de Sanidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta