Feijóo teme a oposición de AGE

Denuncia que os líderes deste coalición utilizan unha "violencia verbal non admisible" e avanza que no 2013 e 2014 a situación en Galicia seguirá sendo "complicada".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/11/2012 | Actualizada ás 16:05

Comparte esta noticia

"Teñen unha importantísima carencia democrática". Así de contundente se amosou Alberto Núñez Feijóo sobre o discurso dos líderes de AGE, Yolanda Díaz e Xosé Manuel Beiras.

Feijóo en rolda de prensa en San Caetano
Feijóo en rolda de prensa en San Caetano

E é que ao presidente da Xunta non lle están a gustar as manifestacións que estes dirixentes están realizando nos medios de comunicación sobre a oposición que farán na Cámara. Por iso, non dubidou en suliñar que está "inquedo" con algunhas das súas declaracións, as últimas, as de Yolanda Díaz, que dixo que AGE "vai a por o PPdeG". 

"Ameazan"

Nunha entrevista á axencia Europa Press publicada na súa web, Feijóo criticou que tanto Beiras como Díaz "ameacen" aos populares antes de tomar posesión na Cámara e lembrou que el chamou á calma aos seus dirixentes na primeira xunta directiva popular logo dos comicios. "Dicir iso é dunha violencia verbal non admisible e ten unha importantísima carencia democrática", advertiu.

Sobre a posibilidade de que el e Beiras poidan acabar fundidos nun abrazo, como aconteceu entre Fraga e o líder de AGE, amouse exceptico, precisamente, pola violencia verbal que o histórico líder nacionalista utiliza ao referirse a el.

Situación "moi complicada"

Por outra banda, Feijóo anunciou que a primeira parte do seu novo mandato --os anos 2013 e 2014-- será "moi complicada", pero insistiu en que mantén o obxectivo de que Galicia cre emprego na IX Lexislatura porque confía en que o camiño da recuperación económica arrancará a partir de 2015.

"A primeira metade da lexislatura, os anos 2013 e 2014, a situación vai seguir sendo moi complicada, pero espero que en 2015 e 2016 empecemos unha senda de recuperación económica e, en consecuencias.

Por iso, suliñou que tentará ofertar a uns 6.000 laborais fixos da Comunidade consolidar a súa posición xurídica converténdoos en funcionarios". "Xa o estudamos no anterior mandato", admitiu, antes de explicar que a proposta se exporá aos sindicatos e concretarase nunha nova Lei de Función Pública.

Vicepresidente

O líder do PPdeG tampouco descartou a creación, nesta lexislatura, da figura do vicepresidente. Un cargo que podería ocupar o actual conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda.

Sobre isto, Feijóo dixo que o seu número dous sería un "bo candidato", pero insistiu en que non tomou unha decisión ao respecto. "Se o Goberno tivese vicepresidente, Rueda sería un bo vicepresidente", proclamou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 111 comentarios

24 Roi

Guillerme Vázquez, o Lobeira,a Pontón,Jorquera e máis xente dos que non lembro nin os nomes. Os mediocres e sectarios estes foron un agasallo para Feijoo...

1 reti

A túa alternativa?

2 reti

Eiquí non resposta ninguén, debe ser xente acostumada a manifestar o seu e punto, xente adusta sí señor, que a revoluciôn non compre de distraçoms pequerrecho-burguesas, saúde veña.!!

3 H. Peñaraz

A Reti: Estamos en Galiza, rapaz, o silenzo e a emigración son as alternativas do pobo. A cobardía é "jrande".

4 reti

Libertemos pois este país dende xá, e menos lerias na internete! Pero grazas a GConfidencial

5 buli

Roi, pode-sa3nge saber qué consigues com este comentario? Pode-se estar mais a favor ou em contra da upg, pero e que é certo e que levam loitando polo pais desde os 60. Vos, que sodes tam mitomanos dos velhos, deveriades de ser mais respetuosos.

23 reti

Eiquí haiche moito miolo revolucionario, vou tomar outro mencía. Veña!

22 Felipe de Xinzo

xa, agora, logo de apoiar vilmente a súa presenza nos medios de comunicación

21 buli

pero se está encantado! um pouco de seriedade senhores de GC, que Age é um sparring político. .Nunca governarám porque por cada esquerdista que movem, movilizam 4 dereitistas.

1 Xerardo Agrafojo

Canto odio hai no BNG!, mesmo cos galegos que non comulgan ca UPG.

2 buli

Odio terá-lo tú se calhar; eu simplesmemte dou a minha opiniom, e nom vejo pola tua parte vontade de discutir nada.

20 FRIJOLITO, A MADRID

Pois claro, D. Frijolito, que é como vas a pasar a historia. Agora comenza o bo. Estiviches catro anos de Termineitor, sen ninguen para os pes. Agora a levas crú, ti mais a extrema-dereita. Si os do BNG, e demais pensan que como ata de agora se fai algo, o que está claro que non hay resultado. E apoio as verbas de Yolanda Diaz, "a por eles, oe, a por eles, oe" Que agora se pensen moito mais o que fan D. Frijolito mais os seus.

1 FRIJOLITO A MADRID

Ademais, por moito que os poñan con "rabos e cornos", a Alternativa Galega, o que esta mais que claro, que todo kiski, coñoce as trapalladas dos PPodres, o aniquiladores, que son, e gañan eleccions tras eleccion, polotanto, hay que facer o mesmo, CAÑA, CAÑA, CAÑA a FRIJOLITO, o mesmo que fixo os Xornais da extrema-dereita Madrileña con Zapatero, que non tiña nin un dia de bo sono.

2 José Tojeiro

ha ha ha ha ha a por eles???? estades mais colonizados mentalmente do que pensaba. En fin...a roja no colacao.

3 reti

Conveencede os seus votantes primeiro, é cumprido.

4 reti

Os de Terra Galega?