González Laxe, ex presidente da Xunta: “É probable que moitos fogares e empresas queden sen diñeiro pronto”

Di que haberá que tirar dos "aforros líquidos" e destaca que neste "período de guerra contra un virus" os gobernos deben gastar sen contención e non cometer o erro da crise do 2008 da "austeridade e do rigor contable".

Por Galicia Confidencial | Vigo | 23/03/2020 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

O ex presidente da Xunta e catedrático de Economía Aplicada na Universidade da Coruña, Fernando González Laxe, vaticina unha importante crise que se fará evidente no primeiro semestre deste ano pola falta de actividade comercial e a caída da produción de importantes sectores económicos.

Diñeiro, billetes
Diñeiro, billetes

“A pandemia afecta tanto á oferta como á demanda. Á primeira é rachada, na medida que os peches suspenden de raíz a subministración de bens comerciais e as compras en moitos segmentos, afectando directamente as cadeas globais de valor. Iso terá consecuencias sobre a actividade económica ao longo do primeiro semestre deste ano”, apunta nun artigo divulgado polo Eixo Atlántico.

As declaracións do ex presidente galego coinciden con datos que apuntan a unha perda do 1,5% do PIB e a perda de máis de 15.000 empregos. De feito, os ERTE presentados na autonomía xa superan os 8.000, con máis de 45.000 empregados afectados.

Ademais, apunta que, ao estar confinados nos fogares, redúcese a demanda de moitos bens co que as compras se esborrallan. “E, loxicamente, as empresas se ven afectadas. Rexístrase, así mesmo, unha perda moi avultada da riqueza financeira”, engade. Por iso, ve probable que moitos fogares e empresas “queden pronto sen diñeiro” e que dependerán dos aforros líquidos. “Noutros supostos, é difícil paliar a situación ao estar moi endebedados”, engade.

González Laxe lembra o comportamento da economía durante a crise financeira do 2008 e destaca que os efectos desta nova crise serán globais “e ningún goberno por si só podería facer fronte a iso”. Con todo, aclara que as solucións responden, nun primeiro termino, máis a criterios e recomendacións nacionais que globais.  E neste punto, critica o comportamento da UE. “Europa non estivo á altura das súas responsabilidades. Só o BCE, aínda que tarde, reaccionou para abordar os efectos desta pandemia coa súa bazuca económica cifrada en 750 millóns de euros”.

COMO SAÍR

E cales serán os “escudos” ante a pandemia?. Laxe di que serán de tres tipos,de índole médico-sanitario; de ámbito empresarial; e de orde social.  “Hai que tomar en serio este virus porque é un gran desafío nacional e global; e, en consecuencia, en período de guerra contra un virus, os gobernos deben gastar sen contención, mobilizando os recursos necesarios para previr un desastre”, aventura.

E é contundente, “non hai que caer de novo, na trampa da austeridade e do rigor contable”. E os seus consellos pasan por frear a propagación, estirar os períodos de control da poboación ao longo dos meses, gañar tempo para descubrir unha vacina e evitar o colapso sanitario para que poidan ser atendidos os máis posibles afectados.

“Mentres tanto, a nosa misión será poder garantir, ao mesmo tempo, o peche da vida pública con que o Estado siga funcionando; que as subministracións sigan asegurados; e preservar o máximo da actividade económica como sexa posible, reducindo ao mínimo o risco das persoas”, apunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 Pico da curva

Vaites, o anónimo e Voxtrus son a mesma xente. Cánto che pagan polo troleo.

4 anonimo

Ahora los gobiernos se ven en la obligacion de gastar para salir esta crisis, pero dentro de uno o dos años se veran en la obligacion de recortar para poder recuperar lo gastado, habida cuenta de que si se gasta ahora es porque antes se ha recortado. Me parece muy bien que el gobierno afloge dinero para poder paliar la situacion y me parecerá bien que el gobierno que le toque en el futuro trate de ahorrar para recuperar lo gastado y tener dinero para una futura contingencia. Ahora bien, el gobierno que le toque recortar lo hará por haber gastado el gobierno actual necesariamente, pero la diferencia esta en que el gobierno pasado tuvo que recortar por culpa de que el gobierno anterior al gobierno pasado se dedicó a despilfarrar. Esa es la diferencia.

3 nostrus

Ahora los gobiernos se ven en la obligacion de gastar para salir esta crisis, pero dentro de uno o dos años se veran en la obligacion de recortar para poder recuperar lo gastado, habida cuenta de que si se gasta ahora es porque antes se ha recortado. Me parece muy bien que el gobierno afloge dinero para poder paliar la situacion y me parecerá bien que el gobierno que le toque en el futuro trate de ahorrar para recuperar lo gastado y tener dinero para una futura contingencia. Ahora bien, el gobierno que le toque recortar lo hará por haber gastado el gobierno actual necesariamente, pero la diferencia esta en que el gobierno pasado tuvo que recortar por culpa de que el gobierno anterior al gobierno pasado se dedicó a despilfarrar. Esa es la diferencia.

1 Sentidiño

"afloge"...

2 Gamela

A "guerra conta o virus" está a ser a disculpa para limparlle os aforros á cidadanía (quen teña aforros!) Vía multas gubernativas onte eran 37.000 denuncias (sen datos das Policías Locais) e agora falan do virus informático (para colapsar os ordenadores que os critican!) Sabedes que a campaña da Renda 2019 abre o dia 1 de abril? F.D.P. É hora de esixir un cambio do modelo perverso que os manteñen no poder !!! https://twitter.com/00Gamela/status... Pero haberá xente que lle gusten máis os AplausosSanitarios !!!

1 Riolo

Seguro que non é o caso dos políticos e funcionarios como il. E logo a vicepresidenta Carmen Calvo vai á Clínica Ruber e non á sanidade pública