Caballero defende aos sanitarios: “Cando arriscan a súa saúde e falan de erros teñen todo o noso apoio”

O líder do PSdeG lembra que moitos deles están traballando sen medios tras os recortes de Feijóo. “O que hai que facer é recoñecer o seu traballo, darlle medios e contar con todos porque todos son fundamentais”, insiste.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 25/03/2020 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

O líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, saíu este mércores en defensa dos profesionais sanitarios que “día a día se xogan a súa saúde” tentando salvar vidas, e, aínda así, reciben sancións por parte da Xunta, tal e como lle aconteceu a unha profesional da área sanitaria de Vigo. Sanción que apoio o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, pariticipa na reunión por videoconferencia con Alberto Núñez Feijóo e o resto de líderes políticos de Galicia. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, pariticipa na reunión por videoconferencia con Alberto Núñez Feijóo e o resto de líderes políticos de Galicia. PSDEG

Nunha rolda de prensa telemática, Caballero salientou que o persoal sanitario “está facendo un gran traballo” para paliar unha crise “complexa logo dos grandes recortes en sanidade, en recursos, en persoal” durante os últimos gobernos de Feijóo.

Os profesionais contan con todo o noso apoio, respaldo e recoñecemento. E cando un profesional da sanidade pública, con risco de poder contaxiarse, alerta nas redas sociais de determinados erros, é unha magnífica profesional porque está cumprindo coas normas”, dixo. “E a liberdade de expresión é compatible con respectar esas normas”, engadiu.

Caballero mantivo que, agora, máis que nunca, “hai que coidar a eses profesionais porque hai deficiencias” no sistema sanitario, e a pesar diso, estes profesionais seguen traballando e arriscando a súa saúde. “O que hai que facer é recoñecer o seu traballo, darlle medios e contar con todos porque todos son fundamentais”, insistiu.

“Desta crise temos que aprender ,porque haberá cambios. Aínda estamos vendo como imos saír desta crise e temos que saír cunha lección que é reafirmar o estado do benestar e, nomeadamente, en Galicia”, engadiu. Por iso, pediulle á Xunta que regularice a situación dos contratos de horas, días e semanas de moitos destes profesionais. “Que rematen os contratos precarios para darlle unha seguridade aos profesionais e ao sistema porque isto non se vai resolver en días, nin en semanas, nin con contratos de días ou semanas”, concluiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 patético

Es un pu to descontrol ....van a hacer que se contagien una enorme cantidad de profesionales... hay dinero de sobra para comprar lo que les salga de las narices la cuestión es porqué no lo están haciendo... ahora mismo hay centenares de profesionales sin mascarillas que cuestan menos de un euro.... vergonzoso pero lo que es peor presuntamente delictivo.... y los fiscales que van a hacer.... lo de siempre??????