Allariz traballa arreo para desinfectar 92 núcleos de poboación

Os traballadores e traballadoras municipais da Area de Medio Ambiente do concello están a realizar durante estes días labores de desinfección en todos os seus núcleos de poboación.

Por X.M. Fernández | Allariz | 26/03/2020 | Actualizada ás 09:25

Comparte esta noticia

Ademais da limpeza e desinfección de contedores de lixo en todas os lugares habitados do territorio, tamén se están a desinfectar as zonas comúns de transito como poden ser as inmediacións do Centro de Saúde e exteriores de supermercados, tendas de alimentación e farmacias.

Traballadores municipais desinfectando contedores. Foto: Prensa Concello Allariz
Traballadores municipais desinfectando contedores. Foto: Prensa Concello Allariz

Dende o Concello lembrase á cidadanía que hai que cumprir o decreto de alarma permanecendo nas casas e saíndo só cando sexa imprescindible, para abastecerse de produtos de primeira necesidade e medicamentos; e tamén que cómpre seguir extremando as medidas de hixiene aconselladas para evitar contaxios ao saír.

Ademais de facer cumprir as normas para combater a crise sanitaria o concello mantén contacto directo coas residencias de maiores do territorio municipal para ofrecer asistencia diante de calquera necesidade que puidera presentárselles. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta