Ayuso agradece a Feijóo a cesión de material sanitario que pide a Sánchez: "Isto é facer país"

Di que os recursos de Madrid "pronto serán vosos".

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 26/03/2020 | Actualizada ás 23:17

Comparte esta noticia

A presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, agradeceu este xoves ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a cesión de material sanitario para combater a pandemia do coronavirus. Material que, á súa vez, o presidente galego ten reclamado ao Goberno de Sánchez para facer fronte ao coronavirus.

Nunha mensaxe publicada en redes sociais, recollido por Europa Press, Ayuso asegurou que a Comunidade de Madrid estará á beira de Galicia na loita contra o virus. "Asegúroche que Madrid estará á beira de Galicia para loitar contra o virus. E que se necesitades recursos, os nosos serán pronto vosos", dixo.

Neste sentido, a presidenta madrileña insistiu en dar as grazas aos galegos por prestar 11 aparellos de UCI para os enfermos. "Grazas aos galegos por este xesto de solidariedade. Isto é facer país", recalcou a dirixente nunha publicación de Twitter.

Ayuso acompañou o agradecemento cunha intervención de Feijóo na Deputación Permanente do Parlamento de Galicia na que defendía a cesión de medios sanitarios a Madrid. "Que cren que debo facer? Non remitir o material de UCI a Madrid cando non estamos no pico?", cuestionou o mandatario rexional. Con todo, Feijóo era moi crítico nos últimos días co goberno de Sánchez por non mandar ese material a Galicia, cando o necesitan outras autonomías.

Así mesmo, o presidente galego confirmou que o Ministerio de Sanidade tamén lle solicitou a cesión de material sanitario. "Estou convencido que se en Madrid pasa isto con anterioridade conforme ás previsións epidemiolóxicas que temos, imos recibir moitísimo material de Madrid en caso de necesitalo", sinalou.

(I-D) O presidente de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Días Ayuso e o presidente da Xunta de Andalucía, Juanma Moreno, durante a primeira reunión do Comité Executivo Nacional do partido tras coñecerse l. Eduardo Parra - Europa Press
(I-D) O presidente de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Días Ayuso e o presidente da Xunta de Andalucía, Juanma Moreno, durante a primeira reunión do Comité Executivo Nacional do partido tras coñecerse l. Eduardo Parra - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

4 Ros

Feijoo critica a Danchez pedindo recursos e cando llos dan....dàllos a Madrid. hiPPocresìa

3 Atlanta

Feixón necesita baleirar de xubilados Galicia. A misión está clara...hay que aforrar en pensións custe o que custe.

1 Viriatus

Pero non sodes a xente de esquerdas os que queredes impoñer a eutanasia?

2 Fanheca

Voxriatus, non serás nostrus ou anónimo ?. Tedes o mesmo corte, é troleades as mesmas chorradas.

3 Anarkopunk

Non sei que terá que ver unha cousa coa outra Viriatus .... Se non sabes a función da eutanasia infórmate... Se sabes como... E senón segue a defender a narcopoliticos e a súa xestión fascista e privatizadora...

2 Fanheca

11 aparellos da UCI. 11 aparellos que máis pronto que tarde nos farán falla. Na Mariña era pouco o coronavirus espallado. Agora temos 11 sanitarias infectadas, unha delas na UCI, é o que é peor tres excursións de vellos infectados. Imaxine señor Feijóo a quén lle vai facer falla esos 11 aparellos. Aparellos que vostede reclama ao goberno de España como que non os ten. Só por saír na prensa española, e facer campaña, é vostede capaz de calquer burrada, con só facerse ver.

1 Gamela

Intercambio de CROMOS! das o que che sobra para ter o que che falta... ¡Pero que é o que lle falta a Feijoo! Branquear o desmantelamento da Sanidade Pública? O SERGAS xa ten deseñada a súa política de LAZARETOS ! Mentras a curva siga subindo inexorable dá o mesmo 11 que 111... tanto ten morrer en Madrid que morrer en Galicia ! http://physics.uvigo.es/covid19/ Administrando a Morte son uns fenómenos !!!