Os detidos polo alixo de 3.700 quilos de cocaína na ría de Arousa elévanse a sete, tras cinco novos arrestos

Os detidos son todos galegos.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 30/03/2020 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

Un total de sete persoas foron detidas na operación que permitiu frear este fin de semana a introdución de 3.700 quilos de cocaína a través das augas da ría de Arousa. En concreto, á detención dos dous tripulantes da lancha semirríxida que varou na desembocadura do río Umia, súmase o arresto este domingo doutras cinco persoas máis, todas elas galegas.

Cocaína.
Cocaína.

Destas cinco, catro detencións realizáronse na Guarda e unha en Cambados e a operación foi levada a cabo pola Unidade de Drogas e Crime Organizado (Udyco) do Corpo Nacional de Policía e o Equipo de Delincuencia Organizada e Antidroga (EDOA) da Garda Civil, ambas as de Pontevedra, que contaron coa colaboración de Vixilancia Aduaneira.

Fontes da investigación non descartan que se poidan practicar novas detencións. De feito, están a levarse a cabo rexistros tanto en Vilagarcía como na Illa de Arousa.

Os dous primeiros detidos, un cidadán peruano e outro galego, prestarán esta tarde declaración ante a titular do Xulgado número 2 de Cambados que instrúe o caso. Os cinco arrestados o domingo comparecerán este martes. O máis probable é que todos eles o fagan por videoconferencia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta