VÍDEO: Mensaxe da Brigada "Galicia" VII aos cidadáns

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 31/03/2020 | Actualizada ás 13:04

Comparte esta noticia

A Brigada "Galicia" VII, coñecida como a Brilat, pertencente ao Exército de Terra español, despregou efectivos tanto no territorio galego como noutras provincias de España para prestar apoio ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado no control da mobilidade, tarefas de desinfección, control de infraestruturas críticas e apoio á cidadanía, no marco da Operación Balmis contra a pandemia da COVID-19. 

O Exército patrulla polas cidades galegas
O Exército patrulla polas cidades galegas | Fonte: © Miguel Núñez.

Coa idea de transmitir á cidadanía as principales misións que está desenvolvendo a Brilat, o Exército de Terra gravou e publicou o pasado 25 de marzo este vídeo no que se pide aos cidadáns "total confianza nas distintas institucións e administracións".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta