Unha nai potevedresa deberá pagar unha sanción por "intimidar e perturbar" ao director dun instituto pontevedrés

Os feitos que recolle a sentenza remóntanse a finais do ano 2018, cando o centro activou un protocolo ao detectar o posible caso de acoso escolar exercido por unha das alumnas a outra.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/03/2020 | Actualizada ás 13:29

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincia de Pontevedra confirmou a condena á nai dunha alumna dun instituto pontevedrés por coaccionar, "intimidar e perturbar" ao director do centro desde finais do ano 2018 ata inicios de 2019. A muller deberá abonar unha multa.

Os feitos que recolle a sentenza remóntanse a finais do ano 2018, cando o centro activou un protocolo ao detectar o posible caso de acoso escolar exercido por unha das alumnas a outra.

Desde ese momento, apuntan os feitos probados, a nai dunha das mozas dirixiu "de forma continuada" expresións e actuacións contra o director do centro e outros traballadores co obxectivo de "intimidar ou perturbar o exercicio das súas funcións".

Entre outras, menciona que o 26 de outubro de 2018, a muller convocou unha manifestación ás portas do centro, onde "tentou convencer aos alumnos de que non fosen a clase". Días despois, enviou mensaxes de Whatsapp a escolares "menores" de idade para que dixesen aos seus pais que "non asinasen ningunha nota do IES".

O 6 de novembro de 2018 produciuse unha reunión entre a muller, o director, a xefa de estudos, o secretario e o xefe de estudos de nocturno, aos que dixo que "gastaría todo o seu patrimonio en destruír" tanto ao director como á xefa de estudos e, contra o director do centro proferiu outras ameazas, como a que o nove de xaneiro de 2019 fixo ante as conserxes, ás que dixo: "Este vai saber. Non vai volver a traballar".

Ante a sentenza inicial, que considerou á muller autora dun delito leve de coaccións, a procesada recorreu alegando que non se valorou correctamente a proba e que se vulnerou a súa presunción de inocencia. Con todo, a Audiencia Provincial desestimou o recurso e confirmou o fallo.

Imaxe duns xulgados.
Imaxe duns xulgados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta