Por David Alonso Cortizo | A Coruña | 18/11/2012 | Actualizada ás 16:19
O Deportivo saía a xogar uns 3 puntos moi importantes, Riazor estaba con eles máis a mala sorte non tardaría en chegar. Primeiro foi o central Marchena no minuto 7 e minutos despois Zé Castro. Ambos os dous retiraronse lesionados . No minuto 15 Oltra xa tivera que facer dous cambios e a defensa do Deportivo quedaba formada por os dous centrais Álex Bergantiños e Aythami.
Un balón en largo de Munua que deixou totalmente en ridículo a defensa do Deportivo fixo que o nixeriano Martíns aproveite a ocasión para poder regatear a Aranzubía e facerlle o primeiro tanto aos da Coruña.
Non era o día de Riky
Xogada na area e Riky falla un penalti que foi o causante da expulsión de Pedro López, minutos despois. O Deportivo, con un máis, verá como nunha xogada de Martíns Aranzubía faille falta e recibe o segundo cartón amarelo.
Expulsado Aranzubía foi o central Álex Bergantiños quen colocou as luvas. Mais no minuto 82, e deixando en evidencia que Álex Bergantiños é un bo central máis o seu non é a función de porteiro, Barkero bateo desde fora da aaea e dálle o segundo ao Levante que se coloca en postos de Champions e deixa de momento ao Deportivo en postos de descenso.
Moitos condicionantes.
¨Tivemos demasiados condicionantes¨. Estas eran as palabras do adestrador do Deportivo da Coruña,Oltra, quen falaba de mala sorte cun penalti e unha expulsión do porteiro.
Oltra tamén aproveitou para deixar unha mensaxe aos árbitros ¨Ao final da tempada espero que a balanza das arbitraxes se equipare¨.
O adestrador dos da Coruña espera que os dous centrais estean para Bilbao, mais asegura que hai xogadores para arranxalo.
¨É Certo que o Deportivo tivo moi mala sorte", dixo Jose Ignacio Martín, adestrador do Levante, quen sinalaba como claro condicionante que o Deportivo se vira obrigado a ter que facer dous cambios nada máis comezar ao encontro.
Cadea humana
Por outra banda, centos de deportivistas realizaron unha cadea humana que rodeou o estadio de Riazor para apoiar ao clube tras entrar en concurso de acreedores.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.