Correos deféndese das críticas sobre a desprotección do persoal: "Aplicamos medidas desde o inicio"

Sindicatos e traballadores denuncian que os protocolos de actuación son "improvisados" e que "a medida que aumenta a perigosidade, aumenta tamén a carga de traballo". Correos asegura, pola súa banda, que veñen desenvolvendo medidas "dende o 28 de xaneiro".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2020 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Correos asegura que aplicou "medidas preventivas, informativas e organizativas" dende "o inicio da crise", seguindo as instrucións do Ministerio de Sanidade e "adecuándose" á evolución da situación. Responde así ás críticas vertidas polas centrais sindicais UGT, CIG e CC.OO. e por certos traballadores que afirman que os protocolos de actuación son "improvisados" e que "a medida que aumenta a perigosidade, aumenta tamén a carga de traballo"

Oficina de Correos. CORREOS - Arquivo
Oficina de Correos. CORREOS - Arquivo

Segundo os sindicatos, o colectivo de carteiros é o que suma un maior número de positivos pola Covid-19 só por detrás da sanidade. Por iso mesmo, esixen que Correos restrinxa a actividade á "exclusiva" prestación do servizo postal universal e á distribución de produtos esenciais e de primeira necesidade á cidadanía, algo que dende a propia empresa aseguran que "xa se está cumplindo dende o principio".

Así mesmo, Correos asegura que se veñen aplicando medidas preventivas "dende o 28 de xaneiro" e que todas elas responden ás instruccións das autoridades sanitarias. No seu reconto de medidas, indica que o 3 de febreiro creou un Comité de Seguimento formado por persoal sanitario e técnico da Subdirección de Promoción da Saúde; o 5 de febreiro informan das medidas ás organizacións sindicais e o 6 de marzo publícanse en todas as canles dispoñibles. Máis adiante, o 10 de marzo, ditan instrucións para flexibilizar os horarios e cambios de turno para conciliación da vida familiar. 

Así mesmo, Correos afirma que o 11 de marzo se crea un Comité Estratéxico de Crise para cumprir tres obxetivos: "facilitar solucións ás persoas, velar pola seguridade dos traballadores e asegurar a continuidade do servizo público"; e un día despois vólvese lanzar unha comunicación interna masiva para publicitar os protocolos de prevención que deben aplicarse. Xa logo, o 15 de marzo, tras a publicación do Real Decreto que declara o Estado de Alarma, a empresa asegura que anuncia medidas extraordinarias coas que amplían as medidas que ata daquela viñan informando.

 

Así pois, reivindica que "os protocolos de actuación non son improvisados" e que tamén se cambiou a "operativa" en oficinas: "eliminouse o contacto entre persoas", "suspendeuse a quenda de tarde e o reparto en sábados", "trabállase en quendas alternas", e "toda a rede dispón de guantes, xeles e máscaras".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 El Padrino

Pandilla de estómagos agradecidos e mentireiros!. Para saber da calaña que manda en Correos, pedímoslles test, test e test para o persoal que está exposto e que fan estes estómagos agradecidos: Hoxe dannos un test de 10 preguntas sobre o Coronavirus. Queremos dimisións xa!