O Concello de Santiago "non detecta" maior volume de desprazamentos pola Semana Santa

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, apuntou que "entre as persoas coflictivas" que foron detectadas nas últimas semanas vulnerando as medidas de confinamento na cidade de Santiago hai xente "que chegou desde Oviedo, Santander e León".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2020 | Actualizada ás 13:39

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asegurou que o consistorio non percibiu un incremento dos desprazamentos con motivo da Semana Santa, período no que se reforzaron os controis de estrada para velar polo cumprimento das ordes de confinamento.

Este mércores en rolda de prensa, cuestionado sobre a alerta efectuada pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) ante posibles desprazamentos a segundas residencias durante estas vacacións, Bugallo manifestou que en Santiago non se detectou un maior volume de movementos nas estradas da cidade.

Con todo, apuntou que "entre as persoas coflictivas" que foron detectadas nas últimas semanas vulnerando as medidas de confinamento na cidade de Santiago hai xente "que chegou desde Oviedo, Santander e León". "Desconcértame como chegan destes sitios durante o Estado de Alarma cando non dispoñen de vehículos particulares, polo que tiveron que facelo por outros medios", apostilou.

Neste sentido, lembrou que o pasado martes, o Xulgado de Instrución número 1 de Santiago condenou a dous meses de cárcere un home que incumpriu de forma reiterada o confinamento ao ser interceptado ata en cinco ocasións consumindo alcol e drogas na vía pública.

AP-9, autoestrada. AUDASA
AP-9, autoestrada. AUDASA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta