O Software libre en Galicia (1ª Parte)

Hai semanas que vimos recabando información sobre a situación da traducción ao galego do Openoffice, asi como as iniciativas que, dende a Xunta e, especialmente, de persoas e entidades desinteresadas se teñen feito para galeguizar o software libre. Nestas investigacións temos atopado de todo; xente que nos ten brindado toda a colaboración e outros, os menos, que nos teñen aportado consellos intimidatorios. Denden logo, Galiciaconfidencial, como ven facendo ata o de agora, non se vai deixar intimidar por ninguén. Esta é o primeiro artigo doutros que chegarán nos vindeiros días....

Por Galicia Confidencial | Galicia | 25/05/2006 | Actualizada ás 17:50

Comparte esta noticia

No ano 1991 un estudiante finlandés, Linus Torvalds difundiu por Internet o código fonte dun Sistema Operativo que bautizou como Linux como resultado do seu proxecto de fin de carreira baixo a licencia de Richard Stallman, a GPL (General Public License).

En Galicia o proceso é máis recente. Dende o 2000 e ata a data naceron varios grupos que traducían programas do tipo "libres" (a maioría para Linux) ao galego; 'Ceibe', 'Trasno' e 'Galego21'. Galego21 foi promovido por Ramón Flores, profesor da Universidadede Santiago (Físicas - Dispositivos Optoelectrónicos), para traducir todos os programas que fora posible ao galego (opción de mínimos). En Trasno, Jorge Rivas fai o mismo, ainda que que cunha normativa distinta a de mínimos. Ceibe naceu só para traducir o Openoffice con Roberto Abalde e, de novo, Jorge Rivas.

Hai moita máis xente traballando en Trasno, algo que se pode comprobar nos estados das traduccións, onde figuran os seus nomes. Galego21, que se tiña debilitado últimamente, ao igual que Trasno, foi relanzado este ano por Abalde para a traducción de multitude de programas.(Navegador Firefox, correo Thunderbird...). Tamén hai moita máis xente traballando para traducir programas; Xabier García con KDE e Nacho Resacon Gnome. É dicir, que é xente que, dalgún ou doutro xeito, levan traballando desinteresadamente nisto, xuntos ou por separados, dende hai máis de seis anos.

¿Que ten pasado na actualidade?

Empresas e administracións viron o filón e comprobaron que no software libre queda, aínda, moito traballo por facer e aí é onde entra, entre outras, Imaxin ou a Xunta, a través do Cesga. Deste xeito actúan como un traductor dos que xa había; collen o código fonte de Openoffice.org da páxina do Openoffice, recollen os traballos xa feitos, engádenlle traduccións e xurde OpenOffice2 en galego. Todo dun xeito profesional, nun galego normativo, e por case 120.000 euros.

Segundo as fontes consultadas o traballo de traducción dalgún destes voluntarios é máis grande que o feito por algunha das empresas implicadas nestes proxectos. Así, cando un programa "libre" se deseña por primeira vez, o seu mantemento é realizado por voluntarios, polo que a tarefa non é moi complicada. Por iso, as empresas xeneran ficheiros de traducción que xa veñen separados ".po" e executan o Openoffice con eles.

E, nestas, é cando xurde "mancomun.org", un programa do Cesga, dependente da Consellería de Innovación e Industria, que pretende sustituir a Galego21, Trasno, Ceibe e todo o que xa había feito antes de xeito desinteresado. Dende este departamento propónselle a esta xente que abandonen os nichos iniciais e se unan ao proxecto financiado pola Xunta.

Ademáis, o Cesga ultima un contrato coas asociacións de Usuarios Linux de toda Galicia :

GLUG (Grupo usuarios linux de Galicia),

GALPON (Grupo usuarios Linux Pontevedra),

AGNIX (Grupo usuarios de A Coruña), de onde ten saido algún cos impulsores desta iniciativa, ou;

Inestable, (Grupo de usuarios de Ordes), entre outros.

Segundo esta proposta, os grupos implicados poden percibir 4.000 euros ao ano, pero isto obligalles a organizar as mesmas conferencias (unha ou duas ao ano) e, desta vez, con carteis onde figure "financiado polo Cesga e a Xunta". Segundo as fontes consultadas "ha llegado una nueva generación del Cesga en donde el software libre ahora ya es guai y pueden meter mano todo lo que quieran, porque los que

curraban en él hasta ahora están digregados".

Por iso, sinalan que, é probable, que este sistema proposto pola Xunta "fracase" porque a xente que traballa nisto o fai de balde e non lles gusta "nada" a concentración nun só poder. De feito, a forza do software aberto radica, precisamente, en que non depende dun punto central, senon que é un traballo distribuido. "Se un punto falla, queda o resto para sacalo adiante", comenta outra das expertas consultadas.

Deste xeito, están convencidos de que para que "mancomun.org" progrese, haberá que ceder o control aos voluntarios para establecer un sistema democrático onde o "control rote". "Mentres o control esté nunha empresa determinada ou nun grupito de políticos, os voluntarios, que son os que teñen traballado, van pasar mogollón, seguro", aseguran unha das fontes consultadas. "¿Por qué no se financia lo que ya hay? ¿Por que no le dan pasta a Trasno o a Galego21?...Porque seguirían siendo independientes, y lo que mola es el control, la fama y el poder adjudicar concursos con dinero público", aseguran outros.

Neste sento, temen que o seguinte paso que se de é que todo o software en galego esté financiado pola Xunta e non se recoñeza o traballo feito ata agora. De feito, en "mancomun.org" este agradecemento é case inexistente e só se reduce a un par de persoas. Tamén apuntan que, probablemente, unha empresa privada será a encargada de rematar todo o software que hai xa traducido e se convirtiría na "empresa oficial de traducción" da Xunta, "como, de feito, está xa acontecendo".

"Mentres non houbo perspectivas de negocio os de Linux eran todos uns matados e era millor traducir Microsoft Office XP ou Windows. Agora resulta que isto interesa empresarialmente e no Cesga xa hai 14 persoas adicadas ao software libre, que colaboran con empresas privadas, que son as que, logo, levan os cartos públicos", queixase a mesma experta.

En resume:

- Moitos anos de voluntariado sen nengún apoio, igual que empresas que levan anos desenvolvendo o software libre: Ozono, Igalia, Novocentro e todas as que se pode atopar no libro blanco do software libre...

- Tamén outras empresas que traballan con software libre; dinahosting, todas as que fan webs con PHP e MySQL...e moitas máis...

- Todos eles (voluntarios e empresas) levan anos criticando e pedindo a colaboración das administracións.

- Chega o novo goberno e, en lugar de apoiar a estes voluntarios e empresas, "cómeas"...

- Os voluntarios todos a "Mancomun.org" e as empresas, detrás do Cesga, que, é quen, finalmente, quere facerse co "pastel", xunto con outras empresas interesadas. Máis información aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

11 outromais

O artigo está cheo de datos incorrectos. Por exemplo se alguén quere saber o que ocurreo con galego21 e a súa historia, non ten mais que ir a : http://www.galego21.net/quensomos.h...

Pediría que os que envian artigos se informen un pouquiñoa mais das cousas, por favor, que ademais están na rede.

10 xoandb

Carlos, canta razón tes. O que seguro que non sabes é que a Mesa dá a paliza con isto da galeguización do ensino porque a parella da Mesa é un alto cargo de Xerais, e quen se beneficia da galeguización do ensino? quen vende libros de texto en galego para o ensino? vedes, ao final é outro truco para que empresas afíns gañen máis cartos...

Está claro que as teorías conspiratorias fan do mundo un lugar máis interesante, pero penso que os deberiamos conformar con pensar que Jesús Gil segue vivo e de vacacións en Venezuela.

Volvendo ao tema Windows, a Mesa reclama (non propón)que se traduza ao galego desde mediados dos 90 (cando Imaxin non existía e a persoa da que falas máis que afiliada á Mesa había estar no Xabarín), concretamente desde o mítico día no que mentres a Generalitat presentaba a versión catalá de Windows aquí se presentaba o Refraneiro da Vaca (é real, non unha metáfora). Daquela era o moderno, agora xa pasou un pouco de moda e piden a galeguización dos móbiles (será esta nova directiva accionista de Alcatel, e por iso a promocionan por ser a única que ofrece servizos en galego? Seguide profundando, que como vedes, hai material abondo....

9 Carteiro

O colmo é que maxin vai presentar un tradutor que xa funciona e é gratis, pero copia e pega pagado por Innovación (BNG)

8 Carlos

Xa que fálase deImaxin e atradución do Windows XP ao galego, direi que foi a Mesa pola Normalización Lingüística a que propuxo a Microsoft a idea da tradución e que a Xunta subvencionou este traballo. O que case ninguén sabe é que unha responsábel da Mesa, presidenta para máis sinais naquela época, é accionista de Imaxín.

7 Pepiño

Co pretexto do pulo do software libre e unhas cantas palabriñas bonitas de significado ambiguo para moitos pouco cultivados na política propagandística de tintes superficiais, como sinerxia e dinamización, sociedade da información, cooperativismo, participación, a moitos pónselles un soriso de receptividade e ledicia. ¿Pero pódese falar de participación e cooperativismo cando se deixa de lado ao axente asociacionista que leva facendo ese traballo toda a vida e se pretende usurpar o seu posto?
¿Pódese falar de cooperativismo e sinerxia cando se pretende traballar xunto coas empresas cando elas só pretenden o lucro e os cooperadores non queren ver nin un patacón de subsistencia? ¿Pódese falar de dinamización cando só se benefician empresas afíns (aínda de non ser así, sería dinamización empresarial, que pouco lle importa ao resto da plebe)? ¿Pódese falar de sociedade da información cando non hai xeito de saber os nomes dos responsabeis das iniciativas nin dán información suficiente na páxina para saber cales son os obxectivos reais ou cánto diñeiro se leva gastado inutilmente?

Nunca entederei como un axeno a unha(s) empresa(s) pode estar a defendela(s). Ogallá a alguén se lle ocorrera defender o asociacionismo que mantivo as cousas altruistamente.