Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2020 | Actualizada ás 12:43
O falecemento nas últimas horas de sete persoas con coronavirus en hospitais galegos, todas elas con patoloxías previas, eleva a un total de 356 as vítimas totais da pandemia do COVID-19 en Galicia.
Segundo informa a Consellería de Sanidade, o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) acumulou tres destas novas mortes. En concreto, trátase dunha muller de 73 anos e dous homes de 87 e 88, respectivamente.
Ademais, faleceu un home de 79 anos ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), outro de 84 no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF), un home de 80 anos ingresado no Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP) e outro de 87 no Hospital da Mariña, en Burela (Lugo).
Galicia conta, de acordo cos últimos datos do Sergas, un total de 354 falecidos con coronavirus.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.