Ciudadanos pídelle ao Concello de Santiago que envíe a cada veciño dúas máscaras

Tamén pide que se habiliten puntos na cidade para repartilos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2020 | Actualizada ás 12:23

Comparte esta noticia

A agrupación local de C's en Santiago de Compostela solicitou ao alcalde da capital galega, o socialista Xosé Sánchez Bugallo, "melloras nas medidas adoptadas para garantir a protección da poboación fronte á COVID-19", entre elas, que adquira máscaras e envíe a cada veciño dúas unidades.

Así, o secretario de Cidadáns Santiago, Miguel Fritiría, pediu ao Concello compostelán que adquira máscaras e proceda ao envío de dúas unidades a cada veciño a través do servizo postal, así como que dispoña de puntos habilitados na cidade para a repartición.

"En Ciudadanos consideramos que o goberno local ten tamén responsabilidade na xestión da saúde pública dos veciños e, por iso, requirimos que desde Raxoi se faga un esforzo pola adquisición de máscaras e xel desinfectante hidroalcohólico", apuntou, a través dun comunicado.

Fritiría tamén sinalou que C's propuxo a repartición de xeles desinfectantes en establecementos e comercios de pequeno e mediano tamaño abertos durante o estado de alarma. "Sabemos que a poboación máis exposta é a que está a traballar para ao público, por iso debemos aumentar os nosos esforzos e protexer a estes traballadores", resolveu.

ADÁNS
ADÁNS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta