Ferido un operario tras caer desde un tellado de seis metros de altura en Arzúa

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/04/2020 | Actualizada ás 20:28

Comparte esta noticia

Un traballador resultou ferido tras caerse dun tellado no municipio de Arzúa. O accidente rexistrouse sobre as 16,30 horas, en Denoi, no citado municipio. O servizo de Emerxencias do 112 recibiu a esa hora o aviso dun particular, que solicita asistencia para un home que se caeu duns seis metros de altura.

Ata o lugar desprazábase o helicóptero medicalizado con base en Santiago, para evacuar o ferido ao centro sanitario. 

Helicóptero medicalizado. JCYL - Archivo
Helicóptero medicalizado. JCYL - Archivo

Unha hora antes, sobre as 15,30 horas, recibiuse outro aviso dun accidente no domicilio dun particular en Meaño. En concreto un menor que caeu dun tractor, na zona de Galiñáns, en Lores. Ademais de 061, deuse aviso a Garda Civil, Bombeiros de Ribadumia e do GES de Sanxenxo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta