Prosagap: "Hai sanitarios que utilizan a mesma máscara todo o día. Mándannos a unha guerra sen material"

Eli Dosil, do sindicato Prosagap, é moi contundente co que está pasando e, especialmente, crítica coa xestión que está a facer a Xunta desta crise. "Nós non temos medo ao contaxio porque levamos toda a vida traballando con virus, pero sempre con medios. Non poden utilizar a nosa devoción pola profesión para dicir matádevos", asegura nesta entrevista na que aclara que seguen traballando sen material e subsistindo grazas ás doazóns.

Por Xurxo Salgado | Santiago de Compostela | 17/04/2020 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Como é a situación das e dos enfermeiros tras un mes de loita contra a pandemia?
A situación en canto número de contaxio e evolución da infección dá un respiro, pero os profesionais estamos vivindo con moito incertidume. Ninguén pode estar relaxada. Hai un clima de tensa alerta.

A Xunta di que a situación está xa estabilizada?. Ti cres que esta estabilizada?
Non son epidemióloga, pero o sentir é que non nos podemos relaxar ante isto. Non sei se estamos na fase do control da pandemia, pero o importante é que a xente interiorice que isto chegou para quedar. E iso hai que entendelo tamén socialmente porque hai moito medo a que logo deste confinamento a xente tente recuperar o de antes. E iso non pode ser. Non pode darse unha esplosión de saír como tolos e ter contactos sociais coma antes. Hai que mentalizarse que nunca vai ser un volver ao que tiñamos antes. Por iso estamos con ese medo do que vai vir.

Como o estades vivindo desde dentro?
Pois moi mal. A xestión do Sergas segue a ser a mesma. Por exemplo, en canto a persoal a política é de aforrar, movendo dun lado a outro, e facendo contratos de días. Nós somos profesionais e non fai falla que ningún epidiomólogo nolo diga. E non se pode andar cambiando a xente constantemnte porque iso fai que espallemos máis a enfermidade entre nós, a familia e pacientes. Eses criterios se siguen utilizando. Criterios de aforro nun estado de alarma no que os medios teñen que estar a disposición da sanidade.

Sanitarios, médicos, enfermeiras e auxiliares están na primeira liña de loita contra o coronavirus Covid-19
Sanitarios, médicos, enfermeiras e auxiliares están na primeira liña de loita contra o coronavirus Covid-19 | Fonte: EFE

E ademais cancelando ou prorrogando contratos?

Si, como aconteceu estes días e cando máis se precisa persoal sanitario.

Traballamos grazas a doazóns de material

Material, equipos de protección. Tedes?
Pois non sabemos que pasa. Todos entendemos que nun primeiro momento estiveramos carentes, pero agora xa non. E logo haberá que ver quen é o responsable. Asumimos que nos pillou mal nun primeiro momento e que tiñamos que zafar. Pero a día de hoxe, os EPI son insuficientes. Temos cantidade de material que chega de doazóns. Traballamos grazas a doazóns. Cando xa levamos máis dun mes de loita,  a nosa protección debería estar garantida porque somos os que nos enfrontamos cara a cara con isto. E onde están eses medios dos que fala a Xunta porque aquí son escasos. Hai algúns pero non son aduacuados para nós.

A cal te refires?
Batas que se rompen, por exemplo. Hai hospitais como o de Santiago que din que as mascarillas de tela son eficaces e iso non é certo. O discurso de ir á guerra foi interesado. Ese discurso estaba feito para mandarnos á fronte como fose. E nós non somos militares, nós somos profesionais e queremos e podemos facer o noso traballo, pero téñenonos que dar con que. Neste momento temos duas frontes; unha contra o COVID-19 e logo outro contra este tipo e discursos e medidas. Parece que teñamos que arranxarnos e loitar contra isto con menos medios que a xente da rúa.

Entón Feijóo está mentindo?. E que insiste nas roldas de prensa que co material, agás test, xa non hai problemas...
Estános vacilando e tomando o pelo. De que vale que diga que ten 7,3 máscaras, pero sen pantallas protectoras. Hai un protocolo da Área Sanitaria de Santiago, que o enviaremos a Madrid para que certifique se vale para a protección dos traballadores, que poñendo unha máscara ao paciente xa estás cuberto.  Hai profesionais que se están arriscando, por exemplo, técnicos de raios, ou outros, que van cunha máscara cirúrxica e cunha bata para todo o turno de traballo. E como vas a estar con esa tensión de andar só cunha máscara toda unha quenda?. Coa gripe, por exemplo, eu podía atender a un paciente ata dez veces e o protocolo de antes dicía que tiña que cambiar todo; máscara, bata, guantes despois de tratar con el.

Claro, vos mandana a unha guerra sen nada...
Si, E co discurso de "non digades máis porque isto é o que hai". En fin.. E nós non temos medo ao contaxio porque levamos toda a vida traballando con virus, pero sempre con medios, e como profesionais. Pero non poden utilizar a nosa devoción para dicir matádevos.   Hai compañeiros que se están contaxiando e logo mirade como os están tratando, que nin probas lle fan.

E con outros non hai problemas...
Como é que ao rei e reina se lle fan as probas necesarias e nós pasamos a corantena na casa sen saber se estamos contaxiados e illandote da túa familia. E aí estás esperando, e se non tes síntomas pois, ala, que volvamos a traballar sen facer a probas.

Eva Dosil, de Prosagap
Eva Dosil, de Prosagap | Fonte: remitida

Nunca tanto limpiamos e nunca tan sucias nos sentimos
 

Claro, e isto inflúe no trato coas familias?
Nunca tanto limpiamos e nunca tan sucias nos sentimos. Estamos continuamente pendentes de separarnos, de ter distanciamento, mesmo na casa, cos teus fillos. Xa non digo cos maiores. E isto mentalmente é moi difícil porque estás chegando a casa e tes medo de contaxiar. Saes tensionado do traballo e continuas con esa tensión na casa. Iso é moi duro e non podes baixar a garda.

E cos pacientes como é a relación?
Se algo bo trouxo isto foi sacar o lado humano que os profesionais da sanidade temos. Ver tantas situacións complicadas e de illamento nos fai mais humanos porque moitas veces esa parte sempre quedaba en mans dos acompañantes por falta de tempo e exceso de traballo, pero agora, ver que ti tes o único contacto con eles, pois sacou ese lado humano que temos. E tamén de ser consciente do importante que é ese lado porque fai moito, e da importancia desa empatía que hai ter cos pacientes. Tamén a nós nos fixo cambiar as prioridades.

Con todo, a sanidade non é o principal problema. O número de contaxios en centros de maiores é moi grande en Galicia. O 44% dos mortos xa son usuarios. A que se debe?
O virus afectaba a estas idades, pero tamén está o coidado nas residencias e como se estivo mirando para outro lado no coidado dos maiores. O coidado é un deber público e non debe ser un obxecto de lucro. Porque ves que en moitos centros o persoal é escaso. O noso deber é coa sociedade e, neste caso, faise co contrario porque ti traballas para unha empresa privada que che ordena facer cousas que igual non están ben feitas.

Isto debe aprendernos a valorar a importancia dunha boa sanidade pública

E como valorades os apoios da xente?
A todo o mundo nos dan ánimo e forzas e, no fondo, nos gustan. Pero tamén é importante que os aplausos veñan acompñados dunha reflexión importante de saber o que é importante na vida e o que hai que priorizar para aprender do que está pasando. Eu creo que a xente sabe e valora moito o que facemos e dá moitos ánimos, especialmente, a xente que coidamos.

Agás algúns impresentables...
Non é o sentir da maioría, nin tampouco hai que darlle tanta importancia. Impresentables hai en todos os sitios. A gran maioría da xente si que agradece o que fas. E tanta información de opinadores e profesionais en determinadas canles televisivas pois fan que o medo da xente se dispare.

E un consello para a xente que lea a entrevista?
Non me gusta dar consellos, pero un deles sería que temos que saír de aquí sacando algo de todo isto e vendo o que é realmente importante e en que hai que investir para estar preprarados. Que a xente saiba priorizar e que, sen saúde, non vale a pena nada. E que a única maneira de garantizar unha boa sanidade é que sexa pública.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Elisabet

Una vergüenza conque hacen con nuestros sanitarios,, conocemos a Eli de un ingreso de nuestro pequeño,además de coincidir en que las dos nos llamamos Eli,a la hora de hablar era como mi yo ,pero con experiencia y sabiduría,, gran persona ,gran enfermera,es indignante ver todo lo que lleva luchado ,y como ella muchas del sector sanitario y que las valoren tan poco ,, mucho ánimo y fuerza a nuestros súper héroes a los que queremos y estamos tan agradecidos ❤