Os "makers", os heroes anónimos que fan material protector para loitar contra o coronavirus

“As pantallas para traballar son unha marabilla”. “É unha iniciativa popular moi eficaz”. Son testemuños de sanitarios do Hospital Público da Mariña ou do centro de saúde de Cervo que recibiron este material dos Coronavirus Makers, un colectivo formado por 1.800 integrantes en Galicia que está a abastecer de viseiras impresas en 3-D aos profesionais da sanidade.

Por Galicia Confidencial | Burela | 16/04/2020 | Actualizada ás 22:30

Comparte esta noticia