Investigadores da Universidade da Coruña estudan o "tecnoestrés" polo teletraballo

Por E.P. | CORUÑA, A | 21/04/2020 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

O grupo de investigación Formación e Orientación para a Vida, da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña (UDC) está a realizar un estudo para medir "o tecnoestrés motivado polo teletraballo nos diferentes colectivos da comunidade universitaria, profesorado, alumnado e persoal de administración e servizos".

O grupo, coordinado por María Luisa Rodicio, está formado por María Josefa Iglesias, María Paula Ríos, María José Mosquera e Laura Rego. O traballo está a ser desenvolvido de forma conxunta coa Universidade en liña Isabel I, de Burgos, para contrastar os resultados obtidos.

"O obxectivo é obter información sobre como a UDC está a vivir este estado de alarma no que respecta ao tecnoestrés provocado pola adopción masiva e de súpeto das tecnoloxías da información e a comunicación no traballo cotián", explica a profesora Ríos.

Con esta análise coñecerase "como a inmersión nas TIC está a ser vivida pola comunidade da UDC e permitirá medir o tecnoestrés dos diferentes colectivos para ter información contrastada que permita propor á institución as estratexias de mellora que correspondan".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta