Falece o actor e músico galego Esteban Yáñez

Traballou na serie Pratos Combinados e destacou pola seu papel no Xabarín Club.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/04/2020 | Actualizada ás 22:57

Comparte esta noticia

O actor e músico galego Esteban Yáñez (Ferrol, 1984) faleceu aos 35 anos de idade no CHUS de Santiago. Foi coñecido na súa infancia polo seu papel na serie Pratos Combinados, así como polo personaxe de Arroz Hacker no Xabarín Club. Era un importante activista cultural na capital galega e gran colaborador na Gentalha do Pichel.

Numerosas persoas e entidades transmitiron as súas condolencias a través das redes esta xornada, entre eles o Festival de Cans,Alfonso Pato, o presidente da Agal, Eduardo Maragoto, e o xornalista e codirector de Luzes, Xosé Manuel Pereiro.

Comezou a súa carreira no audiovisual en 1997 como protagonista dun anuncio para o Xabarín Club. Co personaxe de Arroz Hacker foi presentador deste espazo e pasou a ser coñecido por toda unha xeración de nenos e adolescentes en Galicia ao falar de temas como banda deseñada e series de animación.

O actor e activista Esteban Yáñez
O actor e activista Esteban Yáñez | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Anonima

Síntoo moitísimo de verdade. Unha aperta a súa familia. Persoas como el son as que fan Galiza.