A Xunta nega repunte de casos en Galicia e di que é porque "se fan máis probas"

Feijóo suliña que hai 150 concellos sen ningún caso confirmado, polo momento.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/04/2020 | Actualizada ás 21:20

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, descartou rotundamente que se estea producindo un repunte de casos de COVID-19 en Galicia tras superar nos últimos días a centea diaria. "Evidentemente que o motivo fundamental son as probas que estamos a facer de forma continuada", asegurou.

Tamén afirmou que a Xunta realiza test "masivos" nos centros de anciáns, de modo que hai xa "dúas áreas de saúde" cubertas con estas probas. "Espero que a principios da semana que vén teñamos testadas todas as residencias", augurou na rolda de prensa telemática.

Evolución de casos de coronavirus en Galicia ata o 24 de abril de 2020, segundo datos do Ministerio de Sanidade.. EP DATA
Evolución de casos de coronavirus en Galicia ata o 24 de abril de 2020, segundo datos do Ministerio de Sanidade.. EP DATA

Así mesmo, desvelou o dato de que, en "o últimos sete días", houbo "máis de 140" concellos nos que non se rexistrou ningún novo caso de COVID-19, o que lle serviu para apoiar a postura de que se debe "distinguir" o ámbito rural do urbano para o desconfinamiento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta