Un cambio nos datos da Xunta dispara os pacientes curados en Galicia ata os 5.393

Tamén baixan os casos de contaxios nun só día dos 6.947do martes aos 3.526 deste mércores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/04/2020 | Actualizada ás 12:47

Comparte esta noticia

Galicia rexistra 3.526 casos activos de coronavirus COVID-19, dos cales 73 permanecen en UCI, mentres que os pacientes curados ascenden a 5.393 na Comunidade galega. Así consta nos datos actualizados este mércores pola Consellería de Sanidade de acordo co novo protocolo establecido polo Ministerio de Sanidade, polo que as altas epidemiolóxicas, inclúen o global de pacientes curados, xa que ata a data só se facilitaba a cifra de altas hospitalarias.

Evolución dos casos de coronavirus en Galicia ata o 29 de abril.. EPDATA
Evolución dos casos de coronavirus en Galicia ata o 29 de abril.. EPDATA | Fonte: Europa Press

Este martes, a Xunta informaba de que o número de casos activos de COVID-19 en Galicia aumentaba en 56 até situarse nos 6.947 infectados --un 0,8% de subida fronte aos 6.891 do luns--, mentres que as altas de pacientes incrementáronse desde o luns en 25 até as 1.841.

É dicir, segundo estes novos datos, en Galicia hai case a metade de casos activos e tres veces máis de pacientes curados. "De acordo co novo protocolo establecido polo Ministerio, na información de hoxe, facilítase actualizado o dato de altas epidemiolóxicas, é dicir, pacientes curados. Ata o de agora só se facilitaba o dato de altas hospitalarias", apuntan a Galicia Confidencial fontes de Sanidade ao respecto deste cambio.

Dos 3.526 casos activos en Galicia, 880 corresponden á área da Coruña; 808 á de Vigo; 715 á de Ourense; 505 á de Santiago; 244 á de Lugo; 215 á de Pontevedra; e 159 á de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 73 permanecen en UCI, 482 noutras unidades de hospitalización e 2.971 en seguimento domiciliario. Ata a data en Galicia curáronse 5.393 persoas e faleceron 547.

O número de PCR realizadas ata o momento na Comunidade galega ascende a 93.118, fronte ás 90.000 da xornada do martes.

PACIENTES EN UCI POR ÁREAS SANITARIAS

Os pacientes con COVID-19 ingresados en UCI en Galicia mantéñense en 73 este mércores, os mesmos que a xornada pasada, mentres descenden en 13 os hospitalizados noutras unidades ata situarse en 482 --fronte aos 495 do martes--.

Segundo os datos facilitados polas áreas sanitarias galegas, tras modificarse a información por parte das autoridades sanitarias ao sumar as altas epidemiolóxicas ás hospitalarias --que inclúen agora o global de pacientes curados--, na da Coruña os hospitalizados ascenden a 130, deles 19 en UCI e 102 en planta do Chuac. A eles súmanse outro cinco no Hospital Modelo, outro no Quirón e tres no San Rafael, mentres que se acumulan outras seis altas con respecto ao martes. O hospital comarcal de Cee, como o lucense de Monforte, segue sen pacientes COVID-19.

Na área de Vigo hai 808 pacientes activos con COVID-19, dos que 66 se atopan hospitalizados e 742 en seguimento domiciliario. Do total de ingresados 12 permanecen en UCI --cinco no Álvaro Cunqueiro, cinco en Povisa e dous en Fátima--. Ata a data curáronse 860 pacientes.

Pola súa banda, na provincia de Lugo rexístranse 244 caos activos, dos cales sete corresponden a pacientes en UCI e 22 noutras unidades de hospitalización, tres menos que o martes, mentres 215 están en seguimento domiciliario. Ata a data na área sanitaria luguesa faleceron 26 persoas e contabilizáronse 572 altas, concretaron fontes sanitarias.

Na de Ourense dos 715 casos activos este mércores, 563 permanecen en seguimento domiciliario, 139 ingresados en planta e 13 en UCI, estes con "prognóstico grave", puntualizaron fontes hospitalarias. O total de casos rexistrados na provincia de Ourense ascende a 1.791, con 964 altas e 112 falecementos. Ademais, realizáronse 14.899 PCR.

Mentres, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés hai 23 hospitalizados en planta e catro que evolucionan en UCI, mentres 188 pacientes atópanse en seguimento domiciliario, o que suma 215 casos activos. Desde o inicio do plan de continxencia do COVID-19 curáronse 530 pacientes nesta área sanitaria, na que faleceron 15 pacientes.

E na área de Santiago e Barbanza hai 120 pacientes hospitalizados con coronavirus, deles 107 en unidades convencionais e 13 en coidados críticos. Ata o momento as altas acumuladas sitúanse en 282 e realizáronse 14.175 PRC.

Na área de Ferrol os casos activos ascenden a 159, dos cales cinco pacientes permanecen en UCI e 26 noutras unidades de hospitalización, mentres que 128 son seguidos no domicilio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta