A Deputación de Ourense modifica o seu orzamento para dar cobertura aos concellos contra a crise

O pleno deu luz verde á orde de Presidencia, que emprega os remanentes de tesouraría e as baixas pola anulación de crédito.

Por E.P. | OURENSE | 29/04/2020 | Actualizada ás 15:34

Comparte esta noticia

O pleno da Deputación de Ourense deu luz verde á modificación dos seus orzamentos para 2020 orientado a dar cobertura aos concellos da provincia nas súas accións para paliar a crise derivada da pandemia de coronavirus.

Nunha sesión extraordinaria celebrada na mañá deste mércores, a corporación aprobou a orde de Presidencia pola que se empregan case 1,3 millóns de euros de baixas pola anulación de créditos e outros case 7 millóns de euros procedentes de remanentes de tesourarías.

Estes fondos destinaranse aos concellos da provincia para que desenvolvan distintas accións que sirvan para afrontar os efectos da crise sanitaria. Neste sentido, o pleno ourensán tamén aprobou unha modificación do plan provincial de emprego que supón un incremento do dobre do previsto inicialmente para cada concello.

Deste xeito, en virtude deste programa de empregabilidade, cada municipio recibirá 40.000 euros (10.000 euros para a entidade menor de Berán), o que suporá un desembolso total para as arcas provinciais de 1,8 millóns de euros.

Neste punto, e a pesar de ser aprobado por unanimidade, os grupos da oposición (PSOE, BNG e Ciudadanos) discreparon sobre o criterio de que cada concello reciba a mesma cantidade e non se atenderan as súas características e necesidades, por exemplo, no número de parados.

O grupo popular, que goberna a institución provincial co apoio de Democracia Ourensana, o obxectivo destas medidas é "pór o foco nas persoas" para "volver xerar riqueza e emprego".
Por outra banda, tamén neste pleno extraordinario, a Deputación de Ourense decretou loito oficial polas vítimas da Covid19 ata o fin da pandemia na provincia.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, durante a comparecencia no Parlamento.. DEPUTACIÓN DE OURENSE
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, durante a comparecencia no Parlamento.. DEPUTACIÓN DE OURENSE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta