Piden a Medalla de Galicia á "profesión veterinaria da comunidade e a traballadores esenciais"

A organización animalista Fundación Franz Weber solicitou, coincidindo coa celebración do Primeiro de Maio, considera que estes profesionais "garantiron a subministración de alimentos, o funcionamento de supermercados e outros establecementos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/05/2020 | Actualizada ás 19:10

Comparte esta noticia

A organización animalista Fundación Franz Weber solicitou, coincidindo coa celebración do Primeiro de Maio, que a Xunta outorgue a Medalla de Galicia deste ano "á profesión veterinaria da comunidade e, de forma extensiva, a todas as traballadoras e traballadores esenciais que loitan contra a dispersión da COVID-19".

Esta organización defende un recoñecemento colectivo este ano e lembra que, desde o inicio da declaración da emerxencia sanitaria de interese galego e do estado de alarma, "as clínicas veterinarias e as entidades protectoras seguiron traballando para garantir a sanidade e o benestar dos animais".

"Do mesmo xeito que o persoal sanitario e moitas outras persoas anónimas que garantiron a subministración de alimentos, o funcionamento de supermercados e outros establecementos", engade.

Neste sentido sosteñen que a crise sanitaria e o papel que desenvolveu por primeira vez a profesión veterinaria "foi fundamental para defender aos animais nun contexto case inédito en toda Galicia, do mesmo xeito que as protectoras e refuxios, que levan máis dun mes aguantando un difícil contexto económico, con redución importante de ingresos e un colapso práctico en cada instalación".

Por outra banda, afirma que "a relaxación das medidas de confinamento deben levar novas actuacións para aliviar a propia crise da protección dos animais". "E a Xunta debe defender os permisos para favorecer a adopción de cans e gatos, tamén abandonados durante a corentena, a través de permisos especiais como Francia".

Veterinario aplicando unha vacina a unha ovella
Veterinario aplicando unha vacina a unha ovella | Fonte: ozonoterapia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta