As vítimas por COVID-19 seguen en aumento con outros nove falecidos

O falecemento doutra persoa segue aumentando as mortes en residencias.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 05/05/2020 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

As vítimas mortais que deixa a pandemia de COVID-19 en Galicia elévanse xa a 581 tras rexistrarse nas últimas horas cinco falecementos --tres mulleres e dous homes, todos eles maiores de 70 anos-- en hospitais de Santiago, A Coruña, Vigo e Ourense.

Fontes sanitarias informaron a última hora da tarde deste martes do falecemento de dúas mulleres de 71 e 78 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI); aos que hai que sumar a morte doutra muller de 79 no hospital HM Rosaleda de Santiago, un home de 78 anos no CHUAC da Coruña e outro home de 90 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Todos presentaban patoloxías previas, segundo o Sergas.

Deste xeito, a cifra de falecementos notificados polas autoridades sanitarias este martes en Galicia elévase a nove, xa que, horas antes, informaran da morte doutra persoa nunha residencia de maiores e doutros tres en hospitais de Galicia.

Con estas cinco novas mortes en centros hospitalarios, a cifra de falecidos por COVID en Galicia elévase ata as 581: 451 en hospitais --uno deles en atención domicilaria-- e outras 130 persoas en residencias de maiores.

Así, notificáronse 123 falecidos en hospitais da área sanitaria da Coruña, 92 na área de Ourense, 90 na área de Vigo, 78 na área de Santiago, 28 na área de Ferrol, 25 na de Lugo (unha das persoas, en atención domiciliaria), e 16 en hospitais da área de Pontevedra.

RESIDENCIAS

Por outra banda, a Consellería de Sanidade tamén informou na mañá deste martes do falecemento dunha persoa na residencia Santa Teresa Jornet da Coruña, co que o número de mortes rexistradas nos centros xeriátricos elévase a 130.

Ademais, as mesmas fontes sinalaron que faleceron, ata este luns, outras 129 persoas que estaban vinculadas con centros residenciais (pero que morreron, ou ben en hospitais, ou ben en residencias integradas), de modo que o número de falecidos relacionados con estes centros residenciais é de 259, case un 45 % do total de mortes por coronavirus en Galicia.

Desde que se iniciou a pandemia, faleceron 22 usuarios na residencia DomusVi de San Lázaro, 20 na nosa Señora da Esperanza (Ourense), outros 20 na DomusVi de Cangas, 12 na residencia DomusVi de Barreiro(Vigo), 9 no Portazgo (A Coruña), 8 en DomusVi Matogrande, 7 en Remanso Claudina-Somoza, e 7 en Santa Teresa Jornet.

Así mesmo, informouse da morte de 5 usuarios na residencia de Moledo (Vigo), e 3 nas Fragas de Pontedeume, os mesmos que en San Pedro de Crecente, en DomusVi Concepción Arenal (A Coruña) e na residencia Divino Mestre de Ourense.

Finalmente, nas residencias Fogar Bellolar, Castro Caldelas, Caser A Zapateira (Culleredo), San Carlos de Celanova, residencia de Foz, A nosa Señora de Fátima (Barco de Valdeorras), San José de Ourense e Fundación José Otero de Santiago, notificouse unha morte en cada unha delas.

Un sanitario realiza un test da Covid19 a unha persoa no Meixoeiro © Miguel Nuñez
Un sanitario realiza un test da Covid19 a unha persoa no Meixoeiro © Miguel Nuñez

CASOS ACTIVOS EN GALICIA

O número de casos activos de coronavirus COVID-19 en Galicia descendeu en 237 persoas, ata situarse en 2.819 (un descenso do 7,75 por cento), segundo os datos actualizados da pandemia que fixo públicos este martes a Consellería de Sanidade.

Do total de casos activos, 696 correspóndense coa área sanitaria de Vigo, 669 son da área da Coruña, 541 na área de Ourense, 451 na área de Santiago, 179 na área de Lugo, 155 na de Pontevedra, e 128 na de Ferrol.

Así mesmo, rexistrouse un incremento no número de pacientes curados, que se sitúa en 6.561 persoas, 327 máis que o día anterior; aínda que tamén aumentou o número de pacientes que están ingresados en UCIs dos hospitais galegos, cun total de 37 (tres máis que o día anterior).

Ademais dos pacientes en UCIs, hai outras 226 persoas en unidades de hospitalización (27 menos que as notificadas este luns) e 2.556 persoas afectadas con seguimento nos seus domicilios (213 menos). Finalmente, a Consellería de Sanidade confirmou que, nas últimas horas, realizáronse outras 1.091 probas PCR, co que o total alcanza as 106.081.

AUMENTAN OS INGRESOS EN UCI

O número de pacientes con coronavirus ingresados nas Unidades de Coidados Intensivos (UCI) dos hospitais galegos aumentou nas últimas horas ata 37, segundo os datos trasladados pola Consellería de Sanidade, o que supón un repunte de tres casos e rompe a tendencia á baixa mantida nas últimas semanas.

O aumento dese tres enfermos de COVID na UCI nas últimas horas (un na área da Coruña, outro en Vigo e outro na de Santiago) supón romper unha tendencia que se iniciou o pasado 5 de abril cando, tras alcanzarse o 'pico' de enfermos en unidades de críticos, por primeira vez ese número empezou a baixar.

Desde esa data e ata este martes, todos os días rexistráronse descensos no número de pacientes ingresados en UCI (salvo o 29 de abril, en que non houbo cambios).

Segundo os datos facilitados por Sanidade este martes, na área sanitaria de Santiago e Barbanza permanecen hospitalizadas con COVID 68 persoas, das que 10 se atopan en unidades de críticos (8 no Hospital Clínico e 2 na Rosaleda), unha máis que o día anterior; o resto de enfermos atópanse en planta do Clínico (31), na residencia integrada Porta do Camiño (19), na Rosaleda (4) e o Hospital da Barbanza (4). O número de curados ascende a mil.

Na área da Coruña e Cee o número de hospitalizados ascende a 65, con 8 persoas na UCI (un máis) do Complexo Hospitalario Universitario. Así mesmo, hai 52 pacientes en planta do CHUAC, 4 no Modelo e 1 no Hospital San Rafael.

DATOS RESIDENCIAS DE MAIORES

Os usuarios de residencias de maiores galegas que se curaron da COVID-19 alcanzaron a cifra de 502, polo que por primeira vez superan os 469 casos activos da enfermidade que figuran no balance deste martes da Consellería de Política Social, elaborado con datos de última hora deste luns.

A pesar diso, hai que ter en conta que outros 259 anciáns relacionados con estes centros faleceron desde o inicio da pandemia --130 morreron nas propias instalacións e outros 129 en residencias integradas ou hospitais--.

En canto ás novas altas rexistradas ao longo deste luns, son un total de 17 os anciáns que superaron a enfermidade, dos cales nove se concentran no centro Nosa Señora de Fátima, no Barco de Valdeorras.

Ademais, curáronse da COVID-19 catro usuarios da residencia San Carlos de Celanova, dúas na de Castro Caldelas, un na residencia Miradoiro do Eo, en Ribadeo, e outro na DomusVi Coruña, en Oleiros. Con todo, segue habendo 469 maiores infectados nos xeriátricos galegos, dos cales o Nosa Señora da Esperanza de Ourense aínda acumula o maior número: 71.

Tamén contan con grandes grupos de residentes infectados a DomusVi Cangas (46), a San José Hermanitas de Ourense (35), a DomusVi Barreiro (31), a Santa Teresa Jornet da Coruña (28) e o Divino Mestre de Ourense (28).

TRABALLADORES DE RESIDENCIAS

Por parte dos traballadores destes centros, as altas rexistradas ao longo do luns son tres: un na residencia Concepción Arenal da Coruña, outro na DomusVi Coruña e outro na San Carlos de Celanova.

Aínda así, os casos activos no persoal dos xeriátricos son 252. As máis afectadas son a Nosa Señora da Esperanza, en Ourense (28); a Santa Teresa Jornet, na Coruña (17); a Divino Maestre (16) e a DomusVi Cangas (15).

CENTROS DE DISCAPACIDADE

En canto aos usuarios de Centros de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Galicia, aínda son 78 as persoas coa COVID-19 en activo. Así, o CAPD da Coruña convértese no principal foco, con 18 casos --dous máis que o último balance--, polo que xa supera ao CAPD de Redondela, con 16.

No lado dos traballadores destas instalacións, os positivos son un total de 39, dos cales 13 forman parte do persoal do CAPD de Redondela. Precisamente, dous empregados deste centro recibiron o alta da COVID-19 ao longo do luns.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Ana

So unha pregunta que es fai moita xente: ¿Cantos estaban vacunados?.

1 Sentidiño

Esa seina: había cero vacinados, ou o que é o mesmo: o 0%. Cando se acade a vacina prometo novos datos. Viva a ciencia (e fóra a superchería).