Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/05/2020 | Actualizada ás 10:16
Unha muller resultou ferida ao saírse da vía co vehículo que conducía e precipitarse ao río por un terraplén cando circulaba pola estrada que une as poboacións ourensás de Vilar de Barrio e Prado.
Segundo informou o 112 Galicia, foi a mesma implicada quen, sobre as 23,30 horas deste xoves, chamou ao servizo de emerxencias para pedir axuda. A muller indicou que se precipitou co coche cara ao río no concello ourensán de Vilar de Barrio e estaba fóra do turismo, pero necesitaba asistencia sanitaria.
Por iso, o 112 Galicia pasou aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Tamén se informou á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Xinzo e aos efectivos de Protección Civil, que se desprazaron ao momento.
Unha vez no lugar dos feitos, efectivos de Protección Civil sinalaron que a muller fora trasladada en ambulancia por persoal sanitario e que a parte de atrás do coche quedara mergullada no río.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.