Por Galicia Confidencial | Galicia | 29/05/2006 | Actualizada ás 09:11
Refirome, non o persoaxe da Biblia, senón a Díaz Pardo, que a semán pasada, utilizando malas mañas e peores formas foi apartado dunha das suas criaturas vitales, a factoría de cerámicas do Castro, e agora os mismos amenazan con deixalo fora de cerámicas Sargadelos.
Confeso que non son amigo de Díaz Pardo, coñecido, e colega neste vello oficio de trasformar a terra en cerámica, e como é lóxico en calquera ser human anticipo que posee grandes cualidades e tamén defectos, seria ilóxico o contrario, tampouco todolos seus feitos son compartidos por min .
As rifas e pleitos entre a familia Rey e Díaz Pardo veñen de vello, maís de trinta anos, son duas formas de entender a vida e a empresa, Díaz Pardo, ala polos 50, canso de atrancos e falto de diñeiros mete nunha sociedade da pequena factoria de O Castro de Samoedo os Rey, familia de sona de A Coruña, con cartos e boas relacións..dende aquela a forte personalidad de Díaz Pardo e Seoane opuxeronse sempre o negocio polo negocio, as suas teimas, o castro, o museo , a Imprenta, a editorial o seminario, galerias .. Sargadelos teñen un forte compoñente cultural, e de amor a Galicia, os Rey solo pensaban nas suas teimas no vil metal.
Agora tres décadas despois e tras moitos tiras e afloxas rompese a baraxa no peor momento e, según a miña humilde opinión para mal.
Estamos nun tempo dunha grave crise no sector da fabricación de cerámica, as fabricas da península Ibérica cerran unha tras outra, pobos enteiros cunha tradición cerámica de séculos pechan os seus obradoiros, eiqui mesmo en Galicia, o complexo dos Alvarez foi ó tacho, Porcelanas de Levante, As Cadeas, Porcelanas Sambo, Porcelanas de Xixon cerraron e outras como A Mongatina, Porcelanas del Norte, Irabia viven de subvencións, ou manufacturan os seus productos fora do pais, Turquía, Polonia ou China.
E precisamente o coloso asiático quen esta a facer un maior dano o sector de fabricación da cerámica nesta terra, con productos baratísimos e copias descaradas do diseño europeo, cos que e imposible competir.
Postas así as cousas a única solución para subsistir neste mundo e neste sector limitase a o dito tantas veces por Isaac, "Non solo temos que vender porcelana, temos que vender terra e cultura".
Din os entendidos que para vender cerámica hoxe en día tense que seguir tres sinxelos parámetros:
Carácter diferencial do producto.
Producir Variedade e non cantidade
Alto valor engadido do fabricado
Estas tres premisas foron a impronta de Díaz Pardo nas suas empresas, Sargadelos, partindo do deseño da Banhauss, pasando polo arte popular e a xenialidade de Seoane e Díaz Pardo ten, nadie o pode dudar, un carácter diferente e diferencial na sua producción, pode gustar ou non gustar pero é diferente e diferenciable aquí e en China.
Sargadelos mantuvo as características dunha pequena fábrica, cunha producción pequena, donde se conseguieu que esta seña inferior á demanda, de paso os seus obxetos son valorados maís alo dos dunha manufactura industrial, e polo tanto o seu valor no mercado é alto, posue un envidiable valor engadido, que se rompería masificando a sua producción. "Nosoutros temos que producir pouco e variado, en cantidade e barato xa esta China"
O Consello de administración de Sargadelos debería nas próximas datas entrarlle un pouquiño de sentidiño común, que xa se sabe que é o menos común dos sentidos, e xa cando o de apartar a Díaz Pardo de O Castro non ten remedio, o pensen mellor no caso de Sagadelos S.L, non e o mesmo rexentar unha tenda-galeria, vinculadose familiarmente a "Get set" do arte en Galicia, rexentar un Hotel de carretera , vivir de rentistas na Coruña que manter o éxito comercial, cultural, social e empresarial a donde Díaz Pardo e os seus levaron a Sargadelos, seria bon a medio e largo plazo que a teima de Isaac de vincular a empresa a unha fundación, reinvirtir as ganancias en cousas como un museo da Industria e outras ideas seguisen adiante. Pola outra parte, unha ampliación da producción, unha mayor popularización e a pretendida utilización da marca de forma desmesurada seria "Pan para hoxe e fame para maña. Otero Regal".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.