Inspectores acoden a un local de Telepizza tras as denuncias de traballadores que temían ser despedidos a pesar do ERTE

Din que esta actuación foi devida grazas a intervención da Valedora do Pobo.

Por Galicia Confidencial | Cambre | 10/05/2020 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

Inspección de Traballo acudiu a un local de Telepizza en Cambre tras as denuncias de catro traballadores que temían ser despedidos a pesar de estar en ERTE. Así, apuntaron que a empresa estaba buscando a outros empregados e “está modificando o contrato para pagar menos”.

Local de Telepizza en Cambre
Local de Telepizza en Cambre | Fonte: páxinasgalegas.es

Por iso decidiron mandar un escrito á Valedora do Pobo. “Non nos mandaron información sobre o ERTE e non temos contacto coa empresa, xa que descoñecemos os apelidos dos nosos superiores e non temos nin teléfonos aos que chamar a un responsable da empresa”, indicaban no escrito.

Posteriormente, esta institución deu traslado da súa situación ao Ministerio de Traballo que noutro escrito informoulles que se atopan en suspensión de contratos de traballo desde o 4 de abril “por causa produtiva”. Están nun ERE que afecta a máis de 600 traballadores desta empresa e que non finaliza ata que remate o estado de alarma.

“E mentres estean nesta situación a empresa non pode facer modificacións do seu contrato porque está suspendido”, apunta. Unha vez que remate esta suspensión terán que reincorporarse ao posto de traballo xa que a prestación polo ERE é abonada polo Goberno e non pola empresa. “E se unha vez finalizado o estado de alarma a empresa contrata a outros traballadores e non os reincorporan poden denuncialo”, suliña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta