Por Galicia Confidencial | A Coruña | 20/12/2012 | Actualizada ás 18:22
"Yo soy de la merlucita del pincho, yo de capón de Villalba". É o lema que figura nunha nova campaña publicitaria do Concello da Coruña para promocionar as festas do Nadal.
Se hai uns días facía unha presentación con coreografía sevillana, desta volta utiliza o topónimo dunha coñecida localidade de Madrid, Villalba, para promocionar un producto que é cento por cento de Vilalba, en Lugo.
Gastos en tempo de crise
"Yo soy de merlucita del pincho, yo de capón de Villalba" é o lema da campaña "Esta Navidad nos une a todos". Unha campaña que xa foi criticada polos grupos da oposición, precisamente, polo seu custe en tempos de crise.
O Concello coruñés gastará 72.500 na construción dun poboado do Pai Nadal en plena praza de María pita e máis de 50.000 na cabalgata de Nadal. Uns gastos aos que hai que sumar as campañas de promoción e as campañas de publicidade como esta do "capón de Villalba".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.