O parque nacional Illas Atlánticas opta a conseguir subvencións estatais para a investigación ambiental

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2020 | Actualizada ás 11:57

Comparte esta noticia

O parque nacional Illas Atlánticas postúlase como un dos 15 espazos naturais de España que optan a conseguir subvencións estatais por valor de 500.000 euros dirixidas á investigación científica, os valores naturais e a conservación dos parques.

A investigación que se expón á Rede de Parques Nacionais terá unha duración de tres anos e seguirá cinco liñas temáticas: os efectos do cambio global nas actividades socioeconómicas desenvolvidas nos parques nacionais e a súa área de influencia; o impacto e seguimento do cambio global nos parques nacionais e a vulnerabilidade e resiliencia fronte a episodios extremos inducidos polo cambio global na Rede.

Ademais, tamén recibirán unha valoración prioritaria aqueles proxectos que se dirixan a estudar o impacto e seguimento das especies exóticas invasoras e as bases científicas para o deseño, aplicación, seguimento e avaliación de medidas de adaptación ao cambio global sobre os sistemas naturais dos parques nacionais.

Atendendo a estas temáticas, o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, animou este sábado á comunidade científica galega a presentar proxectos que "sirvan para profundar na investigación".

Estes serán avaliados por "a súa calidade científica, a cargo da Axencia Española de Investigación" e por "a valoración de oportunidade por parte dos propios parques nacionais". Ademais, serán monotorizados ao longo de todo o seu desenvolvemento polo Comité Científico de Parques Nacionais, que decidirá cales serán os que finalmente reciban a subvención, así como a cantidade a financiar.

O prazo para optar a estas axudas, que teñen un valor total de 508.925 euros, comeza este luns e finalizará o próximo 19 de xuño de 2020.

Illas Atlánticas RICARDO PAREDES
Illas Atlánticas RICARDO PAREDES | Fonte: SEOBIRDLIFE - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta