Así será ir mercar roupa: máscara, guantes e desinfección constante de probadores

A industria téxtil galega impulsa un protocolo de limpeza e desinfección para as tendas e produtos

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2020 | Actualizada ás 18:31

Comparte esta noticia

A Conferedación de Industrias Téxtiles de Galicia (Cointega) impulsou un protocolo para a limpeza e desinfección de tendas e produtos que "minimice o risco de contaxio fronte ao coronavirus, tanto aos traballadores como aos clientes das tendas de moda vinculadas con marcas galegas".

Así o trasladou o Cluster Téxtil Moda, que destacou a importancia de entender este protocolo como un "complemento" dos "plans de prevención de riscos que cada empresa deba implantar". Na súa elaboración participaron empresas asociadas, franquías e comercio multimarca, Darlim (empresa dedicada á limpeza profesional) e AMSlab, o laboratorio de referencia no sector moda, con sede en Galicia e membro do Cluster Galego Téxtil Moda.

PROTOCOLO

O protocolo proposto, ao que poderían adherirse os negocios interesados, indica que en primeiro lugar deben identificarse as zonas críticas, como son a entrada, os expositores, os probadores e os mostradores.

A cada unha débeselle dar un procedemento de limpeza diferente. Os probadores son os lugares de maior risco, xa que "o cliente entra en contacto coa roupa e o mobiliario". No caso da entrada, a desinfección céntrase no calzado e as mans. Nos mostradores e expositores, o protocolo apunta a manter as distancias de seguridade, desinfectar con determinados produtos e utilizar medidas de protección como máscaras e luvas.

Ademais, a guía deste cluster tamén recolle unha serie de indicacións para utilizar os produtos desinfectantes adecuados nas diferentes superficies, así como outras ferramentas útiles como poderían ser as alfombras de desinfección ou as máquinas de vapor.

Rebaixa, rebaixas, consumo, prezo, prezos, IPC, roupa
Rebaixa, rebaixas, consumo, prezo, prezos, IPC, roupa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta