Temas: UNIVERSIDADES

Educación baixa as taxas dos másters universitarios e equipáraas coas de grao, que seguen conxeladas

O prezo medio de matrícula pasará dos 26,49 euros/crédito actuais (por baixo dos 31,06 euros/crédito da media estatal) aos 11,89 euros/crédito.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 22/05/2020 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou, tras analizar o seu Executivo o informe coa proposta, que en Galicia se baixarán os prezos públicos das primeiras mátrículas dos másters universitarios non habilitantes (enfocados a unha especialización de coñecementos ou á investigación científica). O obxectivo é equiparar estes prezos cos de grao universitario, que seguen conxelados.

Reunión do Consello da Xunta.
Reunión do Consello da Xunta.

De feito, as taxas de grao mantéñense conxeladas en Galicia por décimo ano consecutivo e tamén continúan sen variacións as do máster habilitante, aquel que é preciso para exercer unha profesión. Con esta decisión, Feijóo reafirmouse en que Galicia volve estar á cabeza das comunidades con taxas máis baratas para cursar este tipo de estudos.

En concreto, con esta decisión, o prezo medio de matrícula dos máster non habilitantes pasará dos 26,49 euros/crédito actuais (por baixo dos 31,06 euros/crédito da media estatal) aos 11,89 euros/crédito de media fixados xa para os graos universitarios e os máster habilitantes.

Esta medida, segundo o Executivo galego, suporá un aforro estimado de 21,3 millóns de euros en matrículas para as familias galegas con estudantes universitarios, a razón de entre 308 e 1.150 euros por familia, en función do tipo de estudos.

A Xunta tamén reivindica que Galicia é a única Comunidade que "xa está a cumprir" co obxectivo marcado polo Goberno de España de manter conxeladas as taxas para o próximo curso.

Temas: UNIVERSIDADES
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta