Por Galicia Confidencial | Santiago | 02/01/2013 | Actualizada ás 22:15
Twitter é a rede social que máis está a medrar, impulsada polo crecemento do tráfico a través dos teléfonos móbiles. Con todo, o galego aínda non é unha das 21 linguas nas que se pode utilizar esta ferramenta.
Para superar esta eiva, unha iniciativa nas redes sociais logrou que a compañía abrise unha canle para que voluntarios traducisen Twitter ao galego. A empresa asegura que 400.000 voluntarios teñen colaborado nos últimos anos na tradución ás diferentes linguas.
Agora pare dos voluntarios galegos organízanse a través de Chío!, un portal "para informar e axudar a finalizar a tradución do Twitter ao galego" e "como desenvolver novas iniciativas co fin de dar difusión da nosa lingua polos distintos ámbitos".
Chío! explica que "despois destes meses de tradución, aínda non estea en galego, débese, a que non hai suficientes votacións polos termos traducidos, xa que o proceso de tradución dos termos está case finalizado". O portal explica que tan só falta que un gran número de tradutores/as voten ou melloren as traducións realizadas ata agora, para dar paso o último paso e rematar a tradución.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.