A gran contestación social obriga á Xunta a retirar o borrador de privatización da educación universitaria

A Consellería de Educación pretendía que FEUGA e unha consultora externa se encargara de pivotar e xestionar o modelo de docencia mixta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2020 | Actualizada ás 13:14

Comparte esta noticia

A Xunta retirou a súa proposta de implantación de docencia mixta no sistema universitario galego, unha iniciativa que xerou un rexeitamento practicamente unánime entre a comunidade académica e as propias institucións tanto polas súas formulacións, polos tempos marcados no texto como pola supervision do proceso por parte de entidades privadas e externas ás institucións académicas.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional anunciaba hai unhas semanas a constitución dun grupo de traballo para avanzar cara a un modelo mixto de ensino, que combinase a presencialidad e a docencia 'en liña'.

Hai uns días, transcendeu o borrador do documento, aínda aberto a alegacións, no que se planificaba a implantación deste modelo en dúas fases: unha voluntaria o próximo curso e outra xeral, na que xa se estendería á maioría de graos, no período 2021-2022.

A principal crítica ao documento partiu de que sería a Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA) e unha consultora externa as encargadas de pilotar e xestionar todo o proceso, en lugar de tratarse dunha adaptación que partise das propias institucións.

Todo iso motivou un rotundo rexeitamento desde os sindicatos docentes, o colectivo investigador e o propio profesorado da universidade, que remitiu unha carta á Consellería (subscrita por docentes do tres institucións académicas) para pedir a retirada do plan. Educación, pola súa banda, censurou a utilización deste texto para "a confrontación".

A conselleira de Educación, Carmen Pomar, durante a reunión telemática coas CCAA e a ministra Isabel Celaá. XUNTA
A conselleira de Educación, Carmen Pomar, durante a reunión telemática coas CCAA e a ministra Isabel Celaá. XUNTA

Finalmente, Educación decidiu apartar o borrador e censurou que se utilizase a proposta "para a confrontación" por parte "de determinados colectivos". A Consellería defendeu o seu plan argumentando, ademais, que os reitores mostraran a súa "conformidade" coa implantación da docencia mixta durante unha reunión telemática e lamentou a perda desta "oportunidade" para o alumnado.

SEN AS UNIVERSIDADES

Os responsables das tres universidades consideraron razoable o obxectivo de potenciar os instrumentos non presenciais e a constitución do grupo de traballo para elaborar un plan neste sentido, pero non nos termos trasladados pola Consellería no borrador.

En declaracións a Europa Press, o reitor da USC, Antonio López, asegurou que o texto lles veu "feito" e non o elaborou "ningún grupo de traballo", ou polo menos ningún no que se atopaban as tres institucións.

López censurou que a proposta, redactada "á marxe" das universidades, suporía "cambiar o modelo presencial" e o sentido da docencia, que definiu como "un alicerce" da forma de entender esta institución.

Por tanto, o documento foi "máis aló da formulación inicial" anunciado pola Consellería aos reitores, como así o sinalaron os tres responsables das universidades nunha reunión telemática á conselleira Carmen Pomar, insistiu López.

PLAN ALTERNATIVO

As institucións académicas puxéronse a traballar "nun plan alternativo" que tiñan previsto presentar nun novo encontro con Educación este martes, unha reunión prevista para as 13,30 horas e que, segundo explicou o reitor, finalmente "foi desconvocada".

A pesar diso, as universidades remitiron á Consellería a súa proposta. Fontes de Educación aseguraron a Europa Press que a Xunta está en disposición a estudar o documento para chegar a un "consenso" coas institucións académicas.

Este primeiro borrador, "acordado" polas tres universidades, prevé medidas para incorporar as competencias dixitais e accións de mellora para atender circunstancias especiais como as vividas durante a crise sanitaria. É dicir, solucións que "melloren e complementen a docencia presencial", e que á súa vez atendan as particularidades de cada centro e universidade de modo "flexible" e "gradual".

O obxectivo destas institucións é o de ofrecer "un plan marco". "Mellorar a docencia que facemos e de acordo a un modelo que debemos seguir tendo", insistiu o reitor compostelán.

LIÑAS MESTRAS

Os eixos sobre os que se basea o plan pasan por incorporar e mellorar os mecanismos de teledocencia e avaliación continua, sen que por iso se elimine a presencialidade.

Así mesmo, outro dos puntos refírese a o investimento en novos equipos informáticos, equipos de cámaras e de gravación para mellorar o campo virtual, ademais dun plan de formación dirixido a toda a comunidade universitaria.

Finalmente, o texto abordará medidas para garantir a seguridade de profesionais e alumnado, sobre todo tras saír dun contexto de pandemia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta