A Coruña promove un observatorio para planificar "o presente e futuro" da cidade

O mecanismo abordará cuestións ambientais, sociais, de mobilidade ou de acceso á vivenda.

Por E.P. | A CORUÑA | 26/05/2020 | Actualizada ás 18:54

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña promove o Observatorio Urbano da cidade, unha nova ferramenta de traballo para planificar "o presente e o futuro" da cidade, segundo explicou, na súa presentación, a concelleira, Yoya Neira.

O mecanismo abordará cuestións ambientais, sociais, de mobilidade ou de acceso á vivenda, entre outras, tanto no deseño como na súa avaliación posterior. A edil explicou que se fará un seguimento para determinar o grao e o ritmo de execución dos distintos plans que se poñerán en marcha.

Polo momento, o concello ten activados 142 indicadores e está á espera de incluír 200 máis co fin de obter "unha fotografía clara e precisa" da situación coruñesa.

Nesta primeira fase do proxecto están expostos os datos en PDF na páxina web do concello. Nas próximas semanas engadirase a mesma información en formato excel, e nunha terceira fase, publicarase tamén en formato aberto (open data) para traballar cos datos co fin de construír, na cuarta fase, o observatorio de sustentabilidade urbana que integrará diferentes fontes de indicadores como os da Axenda 2030 ou a Axenda Urbana Española.

Por último, Neira explicou que crearán unha web exclusiva deste observatorio que integrará todos os aspectos da de igualdade e da diversidade: "Os obxectivos están en poder medir a situación da cidade, lonxe de valoracións subxectivas e utilizar os datos para xerar informes e consultas e que teñamos información actualizada atendendo os diferentes perfís".

A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, na presentación do Observatorio Urbano. CONCELLO DA CORUÑA
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, na presentación do Observatorio Urbano. CONCELLO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta