Gonzalo Caballero acusa a Feijóo de ser "un mero espectador" ante o anuncio de Alcoa

O secretario xeral do PSdG declara que a empresa, que "recibiu axudas millonarias", debe manter os empregos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2020 | Actualizada ás 17:37

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mostrou o seu rexeitamento á decisión da empresa Alcoa de despedir a 534 traballadores da súa planta de San Cibrao e pediu a máxima implicación ao Goberno de España e ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a quen acusou de ser "un mero espectador".

Nun comunicado remitido aos medios tras coñecerse o anuncio da empresa, Gonzalo Caballero lembrou que esta empresa "recibiu axudas multimillonarias durante anos" polo que considerou que non se pode asumir o seu anuncio de despedimentos.

Previamente, nun acto en Vigo, o xefe dos socialistas galegos acusou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de "porse de lado" e "escapar" das súas responsabilidades en materia industrial, sector que "deixa descapitalizado".

Así, preguntado sobre o futuro da planta, o socialista lembrou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria ten as competencias en materia de industria. "O importante é que Feijóo teña unha política industrial para Galicia porque os problemas hai que resolvelos traballando", manifestou.

Tras iso, acusou ao titular da Xunta de "utilizar os medios públicos" para "dar unha visión unilateral e nesgada" da realidade en Galicia mentres non se fai "responsable" das súas competencias en sanidade, servizos sociais ou industria.

Fronte a iso, asegurou que o Partido Socialista porá en marcha un plan de reconstrución para Galicia que terá "o seu compromiso persoal" para a posta en marcha dunha nova política económica e industrial.

"Hai un Goberno en Galicia que ten competencias e materia sy atopámonos como nos deixa o Estado do Benestar desfeito, con recortes en sanidade, en políticas sociais e sen política económica e industrial", apuntou.

E é que, na súa opinión, a "maior noticia" que deu Feijóo en materia económica foi "tentar dicir que ía adiantar o pago dos ERTE" aos que o Goberno de España destina 250 millóns para sufragar as nóminas de "200.000 traballadores" en Galicia.

"Feijóo tentou enganar á cidadanía tentando porse no medio cando o único que anunciou é que tiña un pacto coas oficinas bancarias, algo que pode facer calquera director de oficina bancaria, como é que se hai un atraso póidase adiantar unha nómina", sostivo.

"Non fixo ningunha xestión polos traballadores, non arranxou os problemas do país e, ademais, tivo a responsabilidade de atrasar a tramitación dos ERTE en Galicia", manifestou para instar o presidente da Xunta a explicar a galega é a comunidade que "tramitou os ERTE con máis atraso".

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, co alcalde de Vigo, Abel Caballero. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, co alcalde de Vigo, Abel Caballero. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Viriatus

Gonzalo Caballero le está poniendo alfombra roja a Feijóo...

3 Gamela

Non sabiamos que Feijoo tivese as compentencias no prezo da Electricidade en España ! Pero está ben saber que Gonzalito mete a zoca cada vez que abre a boca ! Levan 136 gobernando, que saquen outro Decreto e asunto resolto (?) (dos cales 76 baixo estado de alarma) O promedio democrático seica non é moi favorabel (?)

2 galeguiña

E de Sánchez "O Trileiro", non dí nada?

1 Aris

Gonzalo Caballero vai salvar Alcoa, igual que Endesa de As Pontes e Alu Ibérica. O Goberno de Madrid non poderá dicirlle que non. Os deputados galegos do PSdeG son imprescindivels para que Sánchez siga de presidente.