Como é a fala da Costa da Morte?

A linguaxe desta comarca galega é máis aguda, fonéticamente falando, que a doutras comarcas galegas.

Por Ubaldo Cerqueiro | Cee | 08/01/2013 | Actualizada ás 14:39

Comparte esta noticia

Unha das máis fermosas características da Costa da Morte é a súa linguaxe. Dá auténtico gusto, e niso coinciden todos os galegos visitantes na nosa zona, escoitar unha boa vella costeira. Esa gheada, ese seseo marabilloso que convirten a lingua galega nun espectro vivo de sons e viraxes.

Un solpor na Costa da Morte
Un solpor na Costa da Morte | Fonte: cosasdeviajes.com

E precisamente sobre o espectro de sons vimos de falar co otorrino Lucas Fernández. I é que a peculiaridade principal na Costa da Morte con respecto aos problemas auditivos ten que ver ca linguaxe. O seseo, o culpable, que fai que a liguaxe da Costa da Morte é máis aguda foneticamente falando que noutros lugares.

O caso é que a meirande parte das perdas auditivas dentro do nosos espectro frecuencial, é dicir daquela paleta de sons que pode escoitar o oído humano, ten lugar entre os 500 e os 2000 herzios. De aí para arriba, as frecuencias altas son as que nos axudan a diferenciar sons que se parecen moito, como o /p/ e o /t/.

Aumento da agudeza da fala

Así, todas as liguaxes que tenden cara o agudo, a esas frecuencias altas, van darle máis fluidez á linguaxe, e aí o seseo típico da Costa provoca unha fluidez e un serio aumento da agudeza da fala, feitos que provoca que os meirandes problemas auditivos chegan a partir desas frecuencias.

Os que sofren estes problemas teñen nesas frecuencias zonas xordas que provoca un crucigrama na cabeza. O noso cerebro vai reenchendo as zonas xordas, pero cando hai demasiados ocos, ou son ocos en palabras importantes como o verbo ou o suxeito, o noso cerebro non é capaz de descubrir o sentido da oración e da conversa, convertíndose mesmo nun problema social.

E sempre recorden, que non é o mesmo oír que escoitar, pois para escoitar cómpre entender.

Nova do xornal colaborador QPC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 TradutoreTraditore

Vaia unha mestura de conceptos inconexos entre a prosodia, a fonética, a física, o folclorismo... E mal escrito, por certo!

3 Xosé Luís

Sinceramente non entendo nada do que está a falar Ubaldo Cerqueiro, e iso que levo moitos anos dando clases de fonética galega. Vou ter que volver a empezar de cero!

2 Dombate

Para realizar as suas intervenções no Parlamento europeu Camilo Nogueira ajudou-se do sotaque do galego falado em Fisterra. Logo a seguir foi parabenizado por muitos eurodeputados portugueses polo bom português mostrado polo eurodeputado galego. Eis a chave das falas galegas da Costa da Morte das que fala este artigo, e que vem a confirmar o que Dieste deixou escrito: o galego é mais semelhante do português quando mais galego (e menos castelhano) for.

1 Meixume

Que raio de noticia-post é este?

1 Elsa

Nin idea. Se queredes saber algo interesante sobre a Costa da Morte mirade o libro "O mar e a memoria: o expediente Armesto" de Edicións Laiovento. Saúde