Galardóns para profesores e titulados da UDC por traballos na área de informática

Os Premios Nacionais de Informática, unha das modalidades dos premios de investigación concedidos anualmente pola SCIE e a Fundación BBVA, "constitúen os galardóns máis prestixiosos a nivel estatal no ámbito da enxeñaría informática".

Por E.P. | A CORUÑA | 01/06/2020 | Actualizada ás 14:16

Comparte esta noticia

A empresa Torusware, xurdida da iniciativa dos profesores da Universidade da Coruña (UDC) Ramón Doallo, Juan Touriño e Guillermo López, así como os alumnos, xa titulados, Adrián Pérez e Daniel Valcarcel, recibiu tres premios de investigación da Sociedade Científica Informática de España (SCIE)-Fundación BBVA.

Os Premios Nacionais de Informática, unha das modalidades dos premios de investigación concedidos anualmente pola SCIE e a Fundación BBVA, "constitúen os galardóns máis prestixiosos a nivel estatal no ámbito da enxeñaría informática", explica o reitorado nun comunicado.

Estes premios están dirixidos a recoñecer o labor de investigadores, entidades públicas e privadas na área de informática que dedican a súa carreira profesional "ao estudo, fortalecemento e a divulgación desta disciplina.

"A empresa participada pola UDC Torusware gañou o Premio Ramón LLull pola súa actividade no ámbito da computación de altas prestacións e pola súa aplicación ao procesamiento de grandes volumes de datos, o seu dinamismo e aposta por I+D+i e polo seu impacto nacional e internacional", engade o reitorado.

Facultade de Informática da Universidade da Coruña
Facultade de Informática da Universidade da Coruña | Fonte: Galipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta