AGE sae en defensa da RAG

Insiste en que o seu orzamento é "insuficiente". Ata o de agora é o único grupo que se ten posicionado sobre a polémica entre a Xunta e a Academia. BNG e PSdeG apuntan á vinculación de Ferrín con AGE.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/01/2013 | Actualizada ás 12:44

Comparte esta noticia

Alternativa Galega de Esquerda considera "insuficiente" a achega da Xunta á Real Academia Galega e esixe estabilidade económica para a institución. Precisamente, este é o mesmo argumento utilizado o mércores polo presidente desta entidade, Xosé Luis Méndez Ferrín, logo da súa entrevista co presidente da Xunta e co conselleiro de Cultura e Educación para abordar o financiamento da RAG.

ferrin
ferrin

Así, a Administración autonómica achegará 520.000 euros este ano --200.000 euros máis do previsto-- á RAG para compensar a redución da transferencia estatal --de 682.000 a 341.000 euros--. Entre a achega ratificada este mércores pola Xunta e os 341.000 euros comprometidos polo Ministerio de Cultura, a entidade ten garantido polo menos uns ingresos de 861.000 euros para este ano. "Agradécese á achega pero é insuficiente", apuntou Ferrín. E é que os responsables desta institución estimaban nun millón de euros os fondos necesarios para o se perfecto funcionamento. 

Estabilidade

AGE insiste tamén nos argumentos de Ferrín e esixe estabilidade para o financiamento da entidade. Esta formación pide que a RAG reciba o mesmo trato que as academias das outras nacións do Estado español e tamén un compromiso por parte do Goberno galego para o financiamento plurianual da mesma. "O obxectivo desta reclamación é garantir a continuidade das diferentes seccións da institución e dos seminarios de traballo, ademais de fixar as condicións laborais do cadro de investigadoras e investigadores e o resto do persoal", destaca a coalición.

Ademais, a formación liderada por Beiras destaca que as súas homólogas catalá, o Institut d’Estudis Catalans, e vasca, a Academia de la Lengua Vasca-Euskaltzandia, obtiveron dos seus respectivos executivos en 2012, 5.538.947 euros e 1.332.820 euros. “O que non pode ser é que a Real Academia Galega, a principal institución que vela pola lingua galega, teña que andar cada ano a mendigar o seu financiamento e dependa da vontade dos gobernos de quenda”, sinala o parlamentario Xabier Ron.

Rolda de prensa de Ferrin
Rolda de prensa de Ferrin | Fonte: galiza.indimedia.org

Apoio

Ata o momento, AGE é a unica formación que se ten posicionado contundentemente a favor dun maior financiamento para a RAG. Antes da entrada de AGE na Cámara galega, tanto o BNG coma o PSdeG presentaron varias iniciativas nas que lle reclamaban a Xunta a equiparación da RAG coas academias catalá e vasca e criticaron a discriminación que sufría por parte do PPdeG.

Pero agora, nin os socialistas, nin os nacionalistas teñen entrado na guerra mediatica entre a Xunta e a Academia, mesmo, logo da publicación por parte do ABC de que Ferrín ten a súa filla e ao compañeiro desta empregados nesta institución e que se despraza de Vigo á Coruña nun Audio 8. "Preguntadelle aos de AGE que se pronuncien sobre iso. Nós non imos a entrar a valorar estas cuestións do presidente dunha institicuón que forma parte desa coalición", apuntan fontes nacionalistas consultadas. "Está claro que hai discriminación coa RAG pero hai xeitos e xeitos de manifestalo. E tamén comportamentos, tanto persoais coma políticos. Nós non estamos pola politización da Academia", apunta outro deputado consultado do PSdeG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 65 comentarios

19 Xove

O BNG pediu no Congreso a equiparación da RAG coas Academias de Euskal Herria e Catalunya. O que cheira raro son os contratos da RAG : filla e xenro! Ante os ataques ao Galego a RAG non moveu un dedo. Só a Platafirma Queremos Galego saiu á rúa( na que están Bloque, PSdG, CiG, xente de Anova, Causa GZ). Pero Ferrín nin chío

1 Bertim

Tradução simultânea para não iniciados: a UPG protege a RAG, mas só na medida em que a RAG ceda à chantagem e passe a estar sob o controle da UPG. A UPG saiu à rua e só a UPG pode representar a luta pelo "galego". Enquanto os seus chefes não derem a aprovação, a RAG é uma entidade criticável, mas não assim os órgãos onde a UPG tem presença, como o Conselho da Cultura.

18 O Trampitán

Non vai da RAG pero ao mellor si vai de Ferrín. Existe ou non aínda a revista que el dirixía de nome A TRABE DE OURO. Algo debe de quedar xa que o ministerio (español) de Wert acaba de suubsidiala con 19. 224, 82 euros. Tranquilidade. Tamén á galaxiana GRIAL xa con 20.000 e pico. E, aínda que por aquí non trascendeu, as editoriais galegas tamén cobraron de Wert. Galaxia por dous libros, 9.000 e pico de euros. A lista completa (de revistas e editoras, das de galego e en castelán, e outras empresas pseudoeditoriais) no BOE.

1 Fulham

A perversidade subvencionada da cultura galega non ten límites. O triste do caso é que non se sabe se es un fascista español ou un lusista iluminado.

2 Realista

Também não se sabe se tu és um bandulho agradecido aos de Baltar ou aos de Ferrín Inc. Porque no de desviar dinheiro público para familiares, andam todos ai, ai...

3 Fulham

Xa respondeu o fascista español.

4 Sra. de Fernández

Eu son español, e non me podes facer mellor cumplido que chamarmo. O de fascista é un delirio que paso polo forro. Pero teñen razón, aquí xa sabemos que a filla do presidente non está alí, o que non sabemos é se sigen traballando o fillo do tesoureiro, o do secretario, ou a sobriña da muller dun expresidente, que podes ser ti un deles. Estaría ben que o aclarases. Repito: igualdade, mérito, capacidade e publicidade para o acceso aos postos de traballo na RAG, e veto, por si acaso, aos familiares dos membros.

5 jos

Não sou Trampitám. Sou lusista... o de iluminado já é subjectivo :-D http://www.ayudas.net/descarga.php?... É só procurar por "Grial" ou "A trabe de ouro", entre outras, no Boletim oficial do Reino de EspaÑA.

6 jos

A propósito, à altura da FAES! FAES - FUND. PARA EL ANÁLISIS Y LOS ESTUDIOS SOCIALES / G83467860 27 / 37 - Cuadernos de pensamiento político 19.800,00 €

17 Sensatez

Cuando llegó Ferrín a Presidente de la Real Academia Galega, muchos estábamos inquietos por su pasado de galleguista radical. Incluso había tenido armas en su casa. Finalmente se ve que es una persona con sentido común, capaz de entenderse con los que gobiernan, y que hará muchas cosas positivas por el gallego sin fomentar la imposición lingüística ni dejarse seducir por los cantos de sirena del portugués.

1 Akribéstaton

Arrastrar-se é o mais sensato para o verme.

16 lois

Nen os galegos falamos portugués ( ¿ algún galego, hoxe, eiquí, agora, di " sim", " nao" ou cousas semellantes ) nen os lusistas son mais que unha secta ultraminoritaria ( rabiosa, claro, pero non é mais que unha consecuencia da sua minoría ) que dín representar a Galicia, e non representan a ninguén. Son catro gatos tolos, aos que, se lles quitan os panfletos reptindo o mesmo desde fai cincienta nos, non lles queda nada. Os lusistas son nada con gaseosa.

1 outeiro

E sabes cantos gallegos conozco que chamen á sua lengua en portugués, "galego"? Ningún. O gallego é o que realmentr se fala, non o que diga a RAG.

2 outeiro

E ademais, igual se te chamases "Luís" como os gallegos normales e non cun nombre inventado, serías capaz de darte conta que cada vez mais gallegos, sobretodo os que salen pola televisión, pronuncian "non" ó xeito do castellano, con "o" media e "n" alveolar, en vez da "o" pechada e "n" velar de toda a vida. Foi así siempre, os que mais falan de como se ten que falar ou non o gallego sempre o fan cun acento castellano que tira p'atrás.

3 Andamolho

Para Lois e tod@s os Lois que tanto amam a Gali-CIA: http://www.youtube.com/watch?v=bHSb...

4 DigoEu

Outeiro defende a ignorancia na propia lingua e quere que se chame "falar gaLLego" a falar realmente CASTELÁN. É dicir, para el o galego non é outra cousa que un ridículo castelán mal falado, que é o "gaLLego" que se fala hoxe en día maioritariamente en cidades como Vigo, A Coruña ou Ferrol. CASTELÁN MAL FALADO, CASTELÁN PALETO. A iso lle chaman galego os analfabetos que queren que todo o mundo sexa analfabeto. Por exemplo, o outeiro pepeiro.

5 outeiro

Pero pra que falas si non tes nin idea, que caral*o de vigo ou coruña, eu falo o gallego de calquera aldea coma a miña! Nas ciudades é outro rollo diferente, un intento de gallego RAG pero con acento castellano, e pronombres tan mal colocados como os teus. Analfabeto no gallego que dicta a RAG, e que? Que consecuencias sociales ou económicas vou sufrir? Ningunha. E quen eres tu pra me chamares ignorante na lengua propia? Por pasar da tapallada da RAG? Nin que tuvesen o copyright... E repito, a ti castellanismos non che faltan, así que chitón.

6 DigoEu

Outeiriño: Incluso o galego da RAG está demasiado castelanizado, mais o peor de todo é a xente que ten a túa acttitude. A nivel xeral, o mellor galego é o que se fala nas aldeas, e canto máis remotas mellor. Porén ou sen embargo, tamén nesas aldeas fai estragos o castelán, aínda que menos. Faise imprescindible que haxa algún organismo académico que dea algún tipo de normas gramaticais, unha normativa que traballe por evitar que se perda a fala, o idioma galego. Evitar que se perda, parar ese proceso en marcha polo influencia do castelán. As cousas serían moi fáciles se se fixese o que había que facer: declarar o galego única lingua oficial en Galiza, ese é o problema de fondo e o demais parécenme parches. Problema político, claro.

7 outeiro

Sempre facéis igual, a culpa é do castellano que está ahí, hay que prohibilo, vos flipáis. O principal problema está no propio gallego, normativizado como unha variante do castellano, falado na tele como un castellano con palabras diferentes, con tal de que cambie algunha letra xa vale, e a RAG tan contenta. E os nacionatas igual, non hay mais que oílos falar, pior que os do PP. Que eu serei castrapeiro pero non parvo, cando na escuela tocou leer as cantigas medievales foi cando me dei conta que o gallego que estaba estudiando non era nin histórico nin actual, era unha p*ta tomadura de pelo da que vivían unhes cantos. Se incluso salín decindo castellanismos que non levaba da casa. E nunca mais...

8 DigoEu

Ti es parvo. Vota PP, que é o teu. O galego a este paso quedará liquidado en dúas xeracións.

9 outeiro

O galego xa quedou sentenciado hay trinta anos. Suerte tuveron os que puideron encher os petos neste tempo. Pero tu sigue así que vas mui ben cos teus razonamientos: vota PP, vota PP, vota PP...

10 DigoEu

O galego non quedou sentenciado hai trinta anos. O galego vén sendo arrasado polo castelán de xeito acelerado desde aproximadamente principios do século XX, co auxe cada vez máis forte dos medios de comunicación, e pola súa falta de oficialidade, que chegou tarde coa actual constitución. E desde logo non é votando polo PP ou PSOE, sobre todo polo PP, como se vai arranxar algo que é un problema político.

11 outeiro

Pero tu non ves que o problema político está na propia normativa? que ainda que levase 100 anos oficial sería igualmente inútil? Prende a TV e compróbao, o gallego é unha mera traducción do castellano, palabra por palabra e sonido por sonido. Un dialecto mais, como o andaluz e o canario (estes sonan ainda mais diferentes). E todo co beneplácito dos académicos. E xa dixen que saín da escuela falando pior do que entrei, solo aprendín enxebrismos de dudoso origen e que me eran totalmente ajenos (xa teño outros na casa que me parecen igual de válidos). No instituto xa foi de traca, mitá dos compañeiro solo falaban castellano e os profesores mais preocupados con que escribisen "ben" b e v que outra cousa. Así que penso que todo o que ten que ver co gallego normativo é un absurdo. Pero tu non cambies e a choromicar muito "castellano malo", "PP malo", etc. etc.

12 DigoEu

Non, o problema político, á parte dos erros que poida cometer a normativa da RAG, é principalmente do interese que hai a nivel de estado, cos seus múltiples colaboradores en Galicia, en acabar co galego canto antes, por dicilo en poucas palabras. Noutros tempos facíano simplemente marxinándoo, non deixando falalo a nivel oficial e negándolle oficialidade como lingua, e hoxe é de maneira máis sutil aínda que de todas formas moi burda e fácil de ver se se quere ver. Desde logo que o BNG colabora nesa destrución do noso idioma aínda que fale de normalizalo. Basta con oír falar a tantos representantes seus en concellos e en consellerías cando gobernaban no tripartito, que foi un fracaso porque fixeron case a mesma política que o PP, o cal non xustifica para nada que a xente lle dea maioría absoluta ao PP, iso é unha auténtica vergoña para os galegos, que non aprendemos.

15 antiburras

Que obscenidade, os de IU, ou AGE ou como diaños se chamen os de Cayo Lara en Galiza, saen na defensa da mamandurria da familia Baltar, digo Ferrín. vivan os despachos grandes, vivan os ifones, viva el vino¡¡¡